viernes, 24 de noviembre de 2023

PLANTAMOS BULBOS DE TULIPÁNS

 

A palabra "tulipán" é un vocablo persa que significa "turbante" e fai referencia á forma que ten a flor cando está pechada.

Hai gran diversidade de tamaños,cores e forma das flores.

Xa que o momento ideal para plantalos é en outono,para que pasen en terra durante o inverno e broten na primavera,así o fixemos na nosa mesa de cultivo.









l





Agora toca esperar ata que remate o inverno.


FROITOS DE OUTONO

 

O outono é unha época que conta con gran variedade de froitas: marmelos,peras,uvas,granadas,mazás e os ricos froitos secos.

Usando diferentes técnicas,creamos un pequeno libro de froitos desta estación.

CON TÉMPERA

CON VIRUTAS DE CERA













NAVEGANDO CARA A NOVOS HORIZONTES

 


Seguimos celebrando a Semana pola Igualdade e enlazando co noso proxecto "Os Piratas",queremos navegar cara a novos horizontes,onde todos sexamos iguais,con independencia do noso xénero.

Embarcamos nun pequeno barquiño de papel,convertidos en piratas,nomeando as nosas embarcacións con palabras que desexamos  se convirtan en feitos para lograr converter o mundo nun lugar mellor,onde a convivencia sexa respetuosa  e tranquila,un novo horizonte de paz e ledicia.


PINTANDO O BARQUIÑO




                                "PODEMOS","QUEREMOS","AQUÍ ESTAMOS","RESPETO","DONAS"

                                "IGUAIS","BASTA XA!","POR TODAS" SON OS NOMES DOS NOSOS

                                                                          BARQUIÑOS.

A NAVEGAR!


A BABOR!
                                                               






                                                     E AGORA...A DESFRUTAR COA AUGA!

domingo, 19 de noviembre de 2023

SEMANA POLA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 


Comezamos a semana pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero con dous contacontos que nos fixeron pasar unha mañá moi divertida:Brais das Hortas,con "Contos de nenas grandes e pequenas" e Vero Rilo,con "Lúa Triangular".

Tamén fixemos unha bonita chapa para conmemorar tan importante data e levamos unha pulseira de cor morado,que representa a loita das mulleres pola igualdade e contra a discriminación.









OÍDOS BEN LIMPOS PARA ESCOITAR
O CONTO "A VACA QUE PUXO UN OVO"







LUCINDO A CHAPA

QUE SE VEXA BEN!

POLA IGUALDADE!

miércoles, 1 de noviembre de 2023

FESTA SAMAÍN

     



Chegou o día máis terrorífico do ano e acudimos a Leiro,para desfrutar dunha mañá de aquelarre con bruxos e bruxas chegados dende todos os rincóns do planeta.

Viñan acompañados de cabazas monstrosas e variñas máxicas.


Os morcegos voaban polas paredes...
... e polas ventás asomaban mans!


Cabazas horripilantes!



Que mellor xeito de comezar a xornada que cunha carreira solidaria contra a leucemia infantil!

Unha vez rematada,tocaba deleitar aos oídos coa música interpretada polo grupo da Escola de Música de Ribadumia.


A soplar ben forte!

Probando o instrumento


"O Paseo do Terror" a cargo da ANPA  fíxonos tremer de medo,así como tamén a bruxa Sofronisa, na súa aventura con Daniela Piratal








Xa chegaba a hora da merenda para probar os deliciosos postres preparados polas familias e aproveitar o sol no patio.




Escandalosamente rico!

Boísimo!
















l





"Contos,cantos,poemas e xogos",o Contacontos agasaio da ANPA,levounos a paraxes de medo,a través de contos populares.

As bruxas e bruxos bailaron e cantaron,baixo a dirección da profe Olalla .


.



A hora de rematar chegou e despedimos o Samaín,recollendo o bolsiño de castañas,que tan atentamente asaron o grupo de pais.



                                FELIZ SAMAÍN 2023!