domingo, 27 de octubre de 2019

O MEU LIBRO DE SAMAÍN

INVITADOS AO CASTELO DO CONDE DRÁCULA, FORON CHEGANDO TODAS AS PERSONAXES QUE CONVIVEN NO SAMAÍN


O ZOMBI COA SÚA TUMBA

A PANTASMA COA SÚA BOLA

A BRUXA COA MARMITA CHEA ATA OS BORDES DE PÓCIMA

O HOMELOBO OUVEANDO Á LÚA

A MOMIA SAÍNDO DO SEU SARCÓFAGO

E O INVITADO PRINCIPAL :   EU!

martes, 15 de octubre de 2019

LUCES,CÁMARA, ACCIÓN. . A CEA DO SEÑOR CONDE




                       

           Hoxe imos xogar a improvisar coa invitación á cea que o señor conde organizará no seu castelo.Cada invitado debe ir ao rincón dos disfraces e convertiráse na personaxe que desexe, con todos aqueles traxes e accesorios que prefira. A continuación,deixará de ser un nen@ para transformarse na personaxe elixida, imitando todos os seus movementos, xestos e actitude.

Chegarán ao castelo e serán recibidos polo señor conde, quen os fará pasar ao comedor para degustar a exquisita cea que lles ten preparada.
A BUSCAR DISFRAZ!
Durante a cea, falarán de aspectos relacionados coa súa personaxe,buscándolle un nome imaxinario para que o conde poida dirixirse a eles.
 A VESTIRSE TOCA!


SEGUIMOS A BUSCAR...

HAI QUEN XA ESTÁ LISTA!
FALTA O PANTALÓN!


AXUDÁMONOS ENTRE NÓS

OS DERRADEIROS RETOQUES



XA CASI ESTAMOS...

EN FORMACIÓN PARA ENTRAR NO CASTELO

GUAPÍSIM@S....AÍNDA QUE ALGÚN COLOUSE SEN DISFRAZAR!

A CEA...EXQUISITA!

FELIZ VELADA, SEÑOR CONDE!


FROITOS DE OUTONO

   

Chegado o outono, non poderíamos deixar pasar a ocasión de degustar unha gran variedade de froitos secos, que nos ofrece esta estación.
 Así que cambiamos a nosa merenda habitual por unha composta por froitos secos e carnosos, ademáis dunhas riquísimas madalenas de cabaza que nos deixaron un regusto moi doce nos nosos paladares.

E para que tamén poidamos degustalas na casa, escribimos a receita para poder elaboralas.

Comimos anacardos que teñen moitas proteínas e hidratos de carbono.Están boísimos!
 Os cacahuetes, aínda que en realidade non son froitos secos, senón legumes,tamén aportan moitos beneficios para a saúde.
As abelás poden consumirse frescas, torradas, salgadas, en ensaladas e aperitivos.
Tamén comimos pistachos, alimento con moita fibra.
As uvas son unha importante fonte de vitaminas.
A granada (non demasiado coñecida entre os nenos) é un froito con importantes propiedades curativas.
As mandarinas e as mazás tamén estaban presentes na merenda, a primeira perfecta para previr catarros e infeccións e a segunda debe estar presente en calquera dieta saudable.


RECEITA DE MADALENAS DE CABAZA










EXQUISITA MERENDA!



E SEGUIMOS PROBANDO...




jueves, 10 de octubre de 2019

VAIA SORPRESA!

   


Hoxe recibimos unha visita sorpresa que nos entusiasmou: Martina e Jesús viñeron de Zaragoza a pasar uns días a súa casa de Lois e quixeron ver aos seus compañeiros de cole do ano pasado.
Menudas apertas e bicos a montóns cando entraron na aula!

Fíxonos tanta ilusión que invitámolos a quedarse o resto da mañá con nós para xogar no patio e que nos contasen como era o seu novo cole, os nomes dos seus amigos,cómo é Zaragoza...

Dixéronnos que estaban moi contentos alá, pero que tamén botaban de menos o cole de Lois e a todos nós.

Antes de marchar, fixemos unha foto todos xuntos para recordar este bonito momento.

Moitos bicos e non vos esquecedes de voltar a vernos polo Nadal.



domingo, 6 de octubre de 2019

MOITOS PARABÉNS, ALEJANDRO!

ALEJANDRO, PENSANDO O SEU DESEXO...

A SOPRAR!

FELIZ DÍA!

XA CHEGOU O OUTONO!

                                       

                                                AÍ VEN O VENTO MOI TOLEIRÓN,
                                           TIRANDO AS FOLLAS CO SEU BASTÓN.
                                                       XA ZOA O VENTO MOI TOLEIRÓN,
                                                CANTANDO VAI ESTA CANCIÓN.




Caldeiro en man, saimos ao patio para recoller moreas de follas de todos os tamaños e cores para facer a nosa composición outonal.

Mira cántas teño!
Observamos as follas


Collo máis?



Facendo a composición

Botándolle moita imaxinación

Un longo tronco

Unha pequena árbore










E agora.......

CHUVIA DE FOLLAS!