domingo, 30 de abril de 2023

OS MAIOS

   

A festa dos Maios celebra a chegada do bo tempo.Trátase dunha festa de orixe celta,relacionada coa aparición das primeiras flores da primavera.

Este curso, xa poidemos celebralo con todo o alumnado do CRA, en Leiro.

Cargados con fiuncho,laranxas,ovos e flores,chegamos con moita gana de festa.

Mentres preparábamos as agullas e as flores para facer os colares,xogamos coas construccións.









Agulla en man,xa estamos preparados para comezar.








QUE BONITO COLAR!

Antes da merenda,os bolos,os sacos,a petanca e a corda esperábannos para xogar.














Despois de tanto movemento, xa apetecía merendar os postres tan ricos que cociñaron as nosas queridas mamis.















Coa barriga chea,xa podiamos ir ao parque .






Antes de cantarlle ao Maio,tiñamos que probar os xogos populares que estaban no local Social. Divertímonos moito con eles.

  





















O son da gaita indicounos que os gaiteiros agardaban arredor do Maio e alá nos diriximos.

RESULTADO FINAL

A BAILAR!

LEVANDO O RITMO!

QUE NON PARE A MÚSICA!

UNHA VOLTA!

EXCELENTES BAILARÍNS!



GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR E FACER POSIBLE ESTA BONITA CELEBRACIÓN.


sábado, 29 de abril de 2023

MENHIR,DOLMEN E CROMLECH

 

Os monumentos megalíticos eran o tema da clase de hoxe.

Falamos dos diferentes tipos que existen(menhir,dolmen e cromlech) e para unha mellor comprensión,ademais de montalos con pedras,fixémolos cos nosos propios corpos.


MONTANDO UN DOLMEN

MONTANDO UN CROMLECH










Camiñamos pola aula ao ritmo do pandeiro e ao mandato de MENHIR,DOLMEN ou CROMLECH,faremos a composición correspondente.






DOLMEN



       
CROMLECH

DOLMEN


MENHIRES

DOLMEN

DOLMEN

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

 


A excursión programada para este mes lévanos a Pontevedra,para disfrutar dunha comedia titulada "FEO", a cargo da compañía Caramuxo Teatro e dunha visita ao Café Moderno.

O espectáculo está inspirado no conto de Andersen," O Parrulo Feo" e conta a historia dunha pequena fábrica que produce todos os días centos e centos de parrulos de goma do mesmo tamaño e cor,ata que un día sae un  diferente...

Fíxonos rir moito,pasando un rato ben divertido.



Xa era a hora da merenda e tomamos o noso bocata  alí mesmo,na Sede da Fundación.


AO RICO BOCATA!

Despois de merendar,apetecíanos xogar un pouquiño,así que achegámonos á Praza da Liberdade.


A CORRER!

VEÑA,QUE TE PILLO!











                                                                                      

   
Xa no Café Moderno,contáronnos a historia deste bonito edificio,onde se reunían importantes escritores,como Castelao ou Cabanillas




Estivemos nunha sala cuns teitos altísimos.

Saímos ao xardín,onde había unhas palmeiras enormes e una gran estatua de Castelao.


ANTE A ESTATUA DE CASTELAO

NA SALA DE PINTURA

ESCOITANDO CON ATENCIÓN AS INDICACIÓNS PARA COMEZAR A PINTAR.