martes, 27 de marzo de 2018

EXCURSIÓN A APIPOLIS




♫♫♫♫  Nun país multicor, naceu unha abella baixo o sol.....

Así, comezaba a canción da serie de debuxos animados "A abella Maia", que contaba as peripecias dunha simpática abella, dentro da súa colmea.

Que encantados quedamos ao poder visitar a granxa APÍPOLIS e poder velas de cerca e aprender unha morea de cousas sobre elas.























Disfrutamos un montón e fixemos cantidade de tareas, como cociñar unhas riquísimas galletas de mel, , confeccionar unha vela, escoitar un simpático conto relatado por Nico, e, como verdadeiros apicultores, entrar no apiario, en contacto directo coas abellas, despois de poñernos o traxe obrigatorio, para ir protexidos.











QUE GUAPOS!


POÑENDO OS GUANTES..
DIFERENTES CLASES DE MEL
...E MÁIS MEL...

SOMOS UNS ARTISTAS FACENDO  VELAS COA CERA DAS ABELLAS



QUE COCIÑEIROS MÁIS DICHARACHEIROS!
MOI ATENTOS ÁS EXPLICACIÓNS DA COCIÑEIRA




martes, 20 de marzo de 2018

BENVIDA,PRIMAVERA!

                                             

                                                           PRIMAVERA


Xa estabamos ansiosos porque chegase a nova estación, a que enche a natureza de cores, de perfume, de novas sensacións...

E por fin, hoxe, démoslle a benvida á primavera, que según din, "la sangre altera".

E aínda que segue a facer moito frío, nós quixemos facerlle os honores e, no noso taller de plástica, confeccionamos unha coroa de flores e bolboretas, convertindo o día frío e invernal  nun fantástico día de primavera.
Recortamos as flores e as bolboretas.
Adornamos con pegatinas de cores e brillantes.


Pegámolas á cinta de purpurina e...

...posamos así de primaverais!





BENVIDA, PRIMAVERA!




viernes, 9 de marzo de 2018

ENTROIDO:DEUSES DO OLIMPO

No monte Olimpo, o máis alto de Grecia, tiñan o seu pazo os doce deuses máis importantes dos gregos; eran inmortais .Zeus era o rei e xunto a Hera, a súa muller, Poseidón, Deméter, Hefesto, Atenea, Afrodita, Ares, Apolo, Artemisa, Hermes e Hestia .


Ademais destes deuses, as lendas mitolóxicas están cheas de criaturas sorprendentes: algunhas benéficas e outras, terroríficas e malvadas, como Minotauro ou Medusa.




Os alumnos de Lois quixemos emular aos deuses e deusas gregos e posamos así de guapos para a foto!


A pesares do mal tempo, fixemos un pequeno desfile polo exterior do Auditorio.


             A prensa acudiu ao Auditorio para poder fotografiar a todos os participantes nesta gran festa de Entroido


Saímos ao exterior para saudar aos "mortais" que acudiron  a vernos...

jueves, 8 de marzo de 2018

OITO DE MARZO,DÍA DA MULLER TRABALLADORA






                          MAX E OS SUPERHEROES, libro da escritora Rocío Bonilla, foi o elexido para

traballar o tema da muller traballadora e poder conmemorar este día.

 MAX é un rapaz ao que lle fascinan os superheroes. Ten todos os seus libros, películas, bonecos, cromos, pósters..., pero hai un, mellor dito, UNHA,pola que sinte unha especial predilección.
MEGAPOWER

Ela é valiente, desactiva bombas, programa computadoras, ten ultravisión e unha gran forza.
Pero o que máis lle gusta a Max é o momento en que MEGAPOWER despréndese do seu traxe de heroína e dalle un bico de boas noites.

Quixemos representar as nosas mamás como superheroínas,porque, en realidade, eso é o que son:

                                                                 AS MELLORES!
                                      Unha vez recortada a silueta, procedimos a coloreala e vestila co traxe de superheroina.

 
                                           


A continuación, decoramos a fachada do cole coas nosas MEGAPOWER PARTICULARES.




FELIZ DÍA DA MULLER TRABALLADORA
CALCETÍNS DO MÁIS VISTOSO!

GATITAS, PAIASOS...
SUPER-HEROÍNAS, BOLBORETAS...


MAQUILLAXES DO MÁIS ORIXINAL!

...ATA UN VAMPIROOO!
...ACOMPAÑADO DUNHA BOLBORETA!