viernes, 21 de noviembre de 2014

CHEGOU O OUTONO!

O Outono chegou e os seus froitos nos deixou.Poidemos probar castañas, noces, améndoas, piñóns...

Tamén os froitos carnosos poidemos degustar, aínda que preferimos os froitos secos.Qué ricos que están!

Non podíamos esquecer as uvas, que ademáis de comelas,agrupámolas nun acio pero feito con plastilina.



E para recibir o outono, como se merece, confeccionamos uns gorros feitos con follas de árbore. A que estamos guapísimos?

PARABÉNS

PARABÉNS PARA TI, MARTINA!

PARABÉNS PARA TI, JESSICA!

FELIZ DÍA AS DÚAS!

¡CÓMO NOS DIVERTIMOS!

No cole, divertímonos xogando xuntos e compartindo...

Aínda que algúns, prefiren xogar sen compañía...

Outros,rétanse a ver quén chega máis alto...

Algúns,prefiren sentarse a descansar...

Pero tamén hai a quén lle gusta a emoción...



viernes, 14 de febrero de 2014

Érase que se era...

Añadir leyenda
Érase que se era unha illa nun mundo máxico, no que vivían as letras. Era unha illa maravillosa, nin moi grande nin moi pequeña, coa súa praza, as súas montañas, o seu bosque e ata un volcán.
As letras pasaban os días felices na súa aldea.Nela, vivían nas súas casiñas de alegres cores: rosa,azul,laranxa... Tamén tiñan un faro e unha ponte de entrada,que debían cruzar sempre polo camiño da dereita, a PONTE DO ABECEDARIO.
Pero na illa hai outro habitante que odia as súas veciñas. Bueno, en realidade,son dous: o malvado ESPANTALETRAS e o seu can RASTREATUS.O Espantaletras é malvado e protestón e nunca quixo aprender a ler.Vive nunha torre na zona mais escura e tenebrosa da illa.Dende alí, co seu catalexo, vixía ás letras día e noite. Envía ao seu can a espiar cada un dos seus movementos, porque quere destruir todas as letras, xa que non soporta os seus sons, as súas risas, as súas cancións...
Un día, o Espantaletras desencadeou una terrible tormenta para acabar con elas, pero non o logrou, porque alí estabamos os DIVERSÓNICOS de Lois. Así que....abróchense os cintos,que comeza a aventura, rumbo a illa das LETRAS!http://www.everesteducacion.es/…tos/PI116_ilsag.jpg

sábado, 18 de enero de 2014

FIN DEL PRIMER TRIMESTRE

HOLA,DIVERSÓNICOS,SEN DARNOS CONTA,CHEGAMOS AO FINAL DO PRIMEIRO TRIMESTRE. QUE VOS PARECE SE DAMOS UN REPASO AOS MESES QUE XA PASARON E RECORDAMOS A CANTIDADE DE COUSAS QUE FIXEMOS?  POIS....ALÁ IMOOOOOS!
TAMÉN XOGAMOS AO BINGO DE HALLOWEEN,DIVERTÍNDONOS MOITO E PRESTANDO MOITA ATENCIÓN PARA PODER CANTAR  BINGO!.
 QUE MEDO PASAMOS NO SAMAÍN, RODEADOS DE ESQUELETOS,PANTASMAS E VAMPIROS!

XA QUE TAMÉN CELEBRAMOS O MAGOSTO,FIXEMOS A DONA CASTAÑA,QUE COBROU VIDA POR UN INTRE, NAS MANS DE ALEJANDRO.