sábado, 21 de octubre de 2023

UNHA VASOIRA NA PORTA?



Esta mañá,atopamos unha vasoira, un tanto particular, na porta da nosa aula.
Non era a vasoira da señora da limpeza,non.
Tiña outra forma...,máis ben parecíase á do conto que lemos o pasado mércores,na biblioteca de Leiro: "Como mola tu escoba!"
Entón....é a vasoira dunha bruxaaaaaaa?
Efectivamente!
Todo indica que unha pobre bruxa andará na procura da súa vasoira perdida.
Pero mentres non pase a recollela,utilizarémola para traballar este personaxe do Samaín.


UNHA VASOIRA DE BRUXA?

VESTIMENTA DE BRUXA:SOMBREIRO,VESTIDO
NEGRO PARA PASAR DESAPERCIBIDA,ZAPATOS NEGROS
E VASOIRA PARA VOAR.

O BRUXO OMAR

O BRUXO BENI

  


      
A BRUXA SOFI

A BRUXA SURI

O BRUXO BRAIS

O BRUXO ROMEO



Pois toca poñerlle cara a esta bruxa esquecedora,decorándoa libremente con rotuladores,pegatinas,papel,purpurina...








 

PREPARANDO O SAMAÍN!



Xa chega o Samaín,coas seus pantasmas,vampiros,bruxas,zombis,momias...
As portas da clase cobran vida e recíbennos cada mañá,cun sorriso espeluznante,invitándonos a entrar.
Unha araña xigante amosa a súa tea nos andeis da biblioteca,entre libros de medo e suspense.
Unha cabaza,xunto a unha man zombi,indícanos o libro que leeremos cada día.
Tiras de personaxes terroríficos colgan do teito,para recordarnos que xa queda menos para....SAMAÍN!















 

FOLLAS ANIMADAS

 

Na clase de Plástica,quixemos animar as follas de outono con puntos de moitas cores,aplicadas con bastoncillo, ollos móviles e un gran sorriso



PUNTEAMOS CÓ BASTONCILLO



RESULTADO FINAL








viernes, 6 de octubre de 2023

MENUDO LÍO!

   

"Menudo lío!" é o conto escollido para presentar as vogais e as consonantes que debemos rescatar na Illa das Letras.

As vogais están moi enfadadas coas consonantes,porque pensan que son unhas engreídas e sempre queren facerse notar. Así que tramaron un plan para quedarse elas soas nos libros, pero cando a profe comezou a ler o conto,non había quen entendera nada.

Decidiron que o mellor sería facer as paces, para que todos os nenos poidesen desfrutar dos contos tan bonitos que a súa mestra contaba na clase.


CAPITÁN XURXO
TRIPULACIÓN A BORDO ,NAVEGANDO ATA A ILLA DAS LETRAS







FROITOS SECOS E CARNOSOS



Si en anteriores clases,falamos das árbores de folla caduca e perenne,de que os días van sendo máis curtos e as noites máis longas,as follas cambian de cor,algúns animais hibernan...,hoxe toca traballar o sentido do gusto,xa que imos probar diferentes froitos secos e carnosos: figos,mandarinas,laranxas,uvas,granada,améndoas,anacardos,abelás,noces,castañas,cacahuetes e unha rica compota de mazá...,unha merenda típica da estación.


MERENDA VARIADA

QUIXEMOS PROBAR DE CASI TODO!

PERO OS FROITOS SECOS FORON OS
PREFERIDOS! 



E AGORA TOCA PASAR A PROBA






XOGO DAS TARXETAS DE VOCABULARIO DE OUTONO