lunes, 27 de noviembre de 2017

CONCURSO DE MASCOTAS PARA A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE RIBADUMIA

DENDE O C.R.A. DE RIBADUMIA, QUIXEMOS PARTICIPAR NO CONCURSO DO DESEÑO

DA MASCOTA  DA BIBLIOTECA MUNICIPAL.

E ASÍ QUEDARON  AS NOSAS PROPOSTAS . ESPERAMOS QUE SEXAN DO AGRADO DE

TODOS.

















QUE TE COMO, QUE TE COMO!

CUNHAS PINZAS DA ROUPA, CERA DE COR AZUL, TESOIRAS E PEGAMENTO,FIXEMOS UNS SIMPÁTICOS PEIXIÑOS QUE COMEN E COMEN, SEN PARAR...


UNHA VEZ PINTADA A PINZA DE COR AZUL...


.
PEGAMOS O PEIXIÑO DE PAPEL

QUE ABRE E PECHA A BOCA, SEN PARAR, COMENDO TODO O QUE ATOPA AO SEU PASO.


E ASÍ DE BONITO NOS QUEDOU!

martes, 14 de noviembre de 2017

SABELA E AS ZOCAS MÁXICAS




Sabela vai percorrer coas súas zocas máxicas os espazos que coñece para poder investigar o que hai neles, por medio dos seus sentidos.E aquí quedan os nosos diseños máis orixinais.







lunes, 6 de noviembre de 2017

VAMPIROS, BRUXAS, MOMIAS, MONSTROS...CHEGOU O SAMAÍN!

Aproximándose a data do Samaín, pensamos que era convinte ir creando ambiente....e así de terroríficos posamos coas carautas decoradas por nós.Os temibles vampiros.

Os arrepiantes morcegos

Os monstros Frankestein


..Sedentos dun vaso de zume de sangue, así de serios posaron os tres condes Drácula.

Os morcegos, con cara de poucos amigos, tamén asistiron á festa.

O esquelete, coas bruxas, facía reunión...

...mentres as diablesas, enfadadas, esperaban conversación.

O morcego, asustado, falaba coa bruxa...

..mentres os invitados xogaban a derribar aos pantasmas , con lanzamento de bola.

Castañas había que levar, así que o noso bolso íamos decorar.

Pinta que te pinta, que bonito quedou !
E xa as castañas ían collendo cor.


Menuda exposición de cabazas, todas moi orixinales!
Pero a carroza de CINCENTA era a que máis brilaba.


DE VIAXE POLO FONDO MARIÑO

Hoxe navegamos mar adentro, para coñecer algúns dos animais que alí viven, como a tartaruga laúd, que só se alimenta de medusas.As bolsas de plástico que flotan na auga parécense moito ás medusas; así que a tartaruga as traga e afoga.

Nas profundidades, nadan tamén peixes con enormes mandíbulas cheas de dentes afiados.
Neste mundo negro e frío, sin luz, non é posible que haxa plantas; así que todos os peixes son carnívoros.


Vimos que o polbo ten oito tentáculos con ventosas, unha boca en forma de pico, dous ollos grandes parecidos aos nosos e un corpo musculoso.

Captura as súas presas cos tentáculos e lévaos á boca.
Como é moi flexible, métese entre as rochas.

Aprendemos que o tiburón nada moi deprisa, así que é moi difícil escapar del.
O tiburón blanco é o máis perigoso de todos.

Gustáronnos moito os golfiños que falan entre eles, con sons moi agudos, que non podemos escoitar.

domingo, 22 de octubre de 2017

VISITA DE UMA

A  CADELA UMA

HOXE TIVEMOS UNHA VISITA SORPRESA: UMA, A NAI DO CACHORRO MARSHALL, DA PATRULLA CANINA.

VEU ACOMPAÑADA DO SEU DONO, JOSE.

VIMOS COMO COMÍA O PIENSO NA MAN DA PROFE.

ESTIVEMOS MOI ATENTOS ÁS EXPLICACIÓN SOBRE TODOS OS COIDADOS QUE DEBEMOS DARLLE AS NOSAS MASCOTAS, PARA QUE MEDREN SANS E FELICES.

ENCANTÁBANLLE OS ALOUMIÑOS E CARICIAS QUE LLE DEMOS.ESTABA TAN SUAVE!




TAMÉN ACOMPAÑOUNOS AO RECREO, ONDE XOGOU CON NÓS, DIVIRTÍNDONOS MOITO.

LANZABAMOSLLE A PELOTA E CORRÍA MOITÍSIMO A RECOLLELA!


PARA TER O PELO TAN SUAVE, HAI QUE LAVALA CUN CHAMPÚ ESPECIAL E PARA QUE CHEIRE TAN BEN, BOTARLLE COLONIA DE CANS.


TODOS OS DÍAS HAI QUE CEPILLALA  PARA QUE POIDA LUCIR BEN GUAPA
                                       MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA, UMA!