domingo, 26 de febrero de 2023

DESPEDIDA DO ENTROIDO

 

O Entroido remata e para despedirnos organizamos concurso de disfraz libre en tempo récord: con todos os disfraces do taller de teatro a súa disposición,debían disfrazarse antes de que a música rematara.

E isto foi o que aconteceu...

RETO CONSEGUIDO!

PREPARADOS PARA A FOTO!

GUAPÍSIMAS!

QUE DIFÍCIL É POÑER ESTE VESTIDO!

LOBO CABALEIRO

XA CASE ESTOU LISTA!

HELLO KITTY

TRÍO DE PRINCESAS


EN CANTO POÑA A SAIA,XA ESTOU!

ESTA CREMALLEIRA...


E ESTA MANGA QUE NON SAE!

NON ME DA TEMPO!

QUE SÓ QUEDA UN MINUTOOO?

RÁPIDO...!

                                     UN POUQUIÑO MÁIS DE TEMPO,POR FAVOR!
CASE NON CHEGAMOS!

MENUDA POSE!

                                                         VEÑA, METE A PERNA!
O VESTIDO DE UNICORNIO ENCÁNTAME!

EU QUERO ESTE!

                                       ESTA CAPA DE SUPER HEROE SÉNTAME  A MAR DE BEN!
 UNHA AUTÉNTICA ELSA!

ACAÁBASEME O TEMPO!

viernes, 24 de febrero de 2023

XA CHEGAN OS TROGLODITAS...

 

Chegou o venres e a tan ansiada festa de Entroido con trogloditas e dinosauros.

A gran actuación do Mago Deimi fixo as delicias de todo o público, na que participaron varios nenos voluntarios.

Antes da merenda,había que mover o corpo e que mellor que bailando,mentres pasamos por debaixo  dun pau (limbo).

Os doces de Entroido que trouxeron as familias estaban boísimos:filloas,orellas,flores ,rosquillas...

Coa barriga chea, xa estabamos preparados para o desfile e así o fixemos,xa que fora estaba agardando o público,ansioso por vernos.

Para rematar a mañá,como bos trogloditas tiñamos que presentarnos e contar como se vivía na Prehistoria; fixémolo cantando e bailando,baixo a dirección da profe Olalla.

A ambientación correu a cargo da ANPA,que fixeron posible ,que por un intre,viaxaramos ao mundo da Prehistoria,montados no troncomóvil dos Picapedra ou sentados ao carón do lume para degustar unha rica carne de mamut.

MOITAS GRAZAS!





MENUDA CACERÍA E PESCA!

CON DINO E PEBBLES PICAPEDRA

IMOS DE VIAXE NO TRONCOMÓVIL!

MENUDO CLAN!















 
                                                     FELIZ ENTROIDO PARA TODOS!

ORDES DO MECO (CONTINUACIÓN)



O Meco continúa a dar ordes e mentres o mércores manda tapar a cabeza ,o xoves quere que pintemos a cara.E así de guapos quedamos!













 

jueves, 23 de febrero de 2023

EXCURSIÓN AO GROVE

 


 Hoxe montamos no autobús rumbo  a O Grove,a través do programa creado pola Consellería do Mar,"Ti si que es un bo peixe". Con el preténdese promover os produtos do mar e o seu consumo entre os rapaces da nosa comunidade.

Coa visita ao porto,comezou a mañá,onde poidemos coñecer diferentes tipos de redes,o xeito de utilizalas e o que se pode pescar con cada unha delas,todo explicado dun xeito moi ameno por Aris,o noso monitor.







 A lonxa foi o noso seguinte destino.Alí,aprendemos como se fai unha subasta e poidemos ver unha gran centola!


MENUDA CANTIDADE DE XEO!

PEIXE PREPARADO PARA A SUBASTA


MIRANDO O TAMAÑO MÍNIMO LEGAL

QUE SACARÁ?

VAIA CENTOLO!



                                                                                                                                             



QUE PINZAS!



O mercado foi o punto final da nosa visita. Alí,vimos polbos,merluza,ollomol...
Á saída,déronnos un agasaio que recibimos moi gustosamente.


                            

MOITAS GRAZAS POLO AGASAIO!

Para repoñer forzas,nada meior que unha rica merenda mariñeira,a base de croquetas de peixe ,pizza de atún e un iogur .



BO PROVEITO!