jueves, 2 de febrero de 2023

30 DE XANEIRO:DÍA DA PAZ


Cada 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz ,adicado a conmemorar unha cultura de non violencia e paz. Este curso, adicado á Prehistoria,quixemos imitar a aqueles seres humanos que utilizaban todos os materiais do seu entorno e recollemos pedras para facer a nosa pequena homenaxe a esta data sinalada.

Con pintura e pincel,decoramos as pedras, onde unha vez secas, escribimos ou formamos con letras de goma eva,bonitas palabras que deben perdurar durante todo o ano,para conseguir un mundo mellor.

As colocamos,adoptando unha forma circular,a imitación dun "cromlech" e no centro,unhas pombas cos nosos mellores desexos dunha vida mellor  para todos.



DÁNDOLLE COR...




VERDES,AMARELAS,AZUIS...

CON MOITO COIDADO!
DESPOIS DA MERENDA,UN CORNETE CON POMBIÑAS DE MILLO
A NOSA OBRA REMATADA
                                        PARA REMATAR,FOTO CON COLGANTE DA PAZ

                                                 FELIZ DÍA PARA TOD@S

No hay comentarios:

Publicar un comentario