Mostrando entradas con la etiqueta PLAN PROXECTA. ALIMÉNTATE BEN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLAN PROXECTA. ALIMÉNTATE BEN. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de mayo de 2023

COCIÑA SAUDABLE

 


MUGCAKES DE PLÁTANO E CACAO é a receita que imos preparar coa profe Malú.

Os ingredentes que necesitamos son: plátanos,ovos,fariña,cacao,levadura

 e manteiga de cacahuete.


MACHACAMOS OS PLÁTANOS MADUROS
BATEMOS OS OVOS E OS MEZCLAMOS CÓS PLÁTANOS.

ENGADIMOS FARIÑA E LEVADURA...
...MANTEIGA DE CACAHUETE...

...E CACAO.
REMEXEMOS MOI BEN TODO.


UNHA VEZ REMATADO,VERTÉMOLO EN VASIÑOS E DOUS MINUTOS AO MICROONDAS.










domingo, 7 de mayo de 2023

ALIMENTOS DE CORES

 

As propiedades dos alimentos varían ,según a súa cor: os vermellos teñen máis antioxidantes,os verdes protexen o corazón; os morados protexen o sistema urinario...

Si queremos buscar unha dieta máis atractiva,pensemos nun cambio tan sinxelo como engadir cor.

Por iso, deseñamos un libro cheo de colorido con diversos alimentos de cores,onde terían que completar o nome con letras de goma eva.




De seguido,probamos algúns alimentos,como o aguacate ou a remolacha.

QUE GRANDE!


OBSERVAMOS A GRAN PÉBEDA DO AGUACATE

MIRAMOS A SÚA COR


PROBAMOS O AGUACATE

SABOREANDO O AGUACATE

                         PROBANDO A REMOLACHA


jueves, 2 de marzo de 2023

AO RICO BOCATA E HIXIENE DENTAL

 

Hoxe acudimos á Sede para reunirnos cos nosos compañeiros das outras clases e participar nos obradoiros ofrecidos polo Plan Proxecta "Aliméntate Ben" e asisitir  á charla de Maruxa,a hixienista dental,que tan amablemente visítanos cada curso para falarnos da conveniencia de coidar os nosos dentes.


BEN ATENTOS Á EXPLICACIÓN!

ROI FALOUNOS DA IMPORTANCIA DUNHA DIETA SANA

XOGAMOS A CLASIFICAR ALIMENTOS SAUDABLES
E AQUELES QUE NON SON BOS PARA O NOSO CORPO.

O MAR CHEO DE PEIXES...

..QUE TIVEMOS QUE PESCAR E CLASIFICAR.


A HORA DO BOCATA

HAI QUE POÑERSE Á COLA!

PODE SER DE POLBO,MEXILÓNS,SARDIÑAS...

,,,ACOMPAÑADO CON QUEIXO,TOMATE,ACEITUNAS,CEBOLA...

E COMO O DÍA ESTÁ ESTUPENDO....

...MERENDAMOS  NO PATIO!

QUE RICO!                

AGORA TOCA FACER EXERCICIO!
                     

QUE TAL UNHA CARREIRA POR PARELLAS CÓS PES ATADOS?


PARELLA  DE FARAH E BENITO EN CABEZA!





ALGUNHA QUE OUTRA CAÍDA..


ATENTOS AOS CONSELLOS DE MARUXA


MOITO COIDADO CÓ AZUCRE!

ASÚSTANNOS ESES DENTES CON CARIES!





MOITAS GRAZAS POR ESTA MAÑÁ,ONDE APRENDEMOS MOITO!

lunes, 18 de abril de 2022

VACACIÓNS DE PASCUA








Rematou o segundo trimestre e imos tomar unhas ben merecidas vacacións; así que toca facer festa de despedida e nada mellor que organizando unha "comida china con palillos".
Convertíuse nun auténtico reto,porque non era nada sinxelo.
Eso sí, estaba claro que o arroz non ía quedar na cunca,porque tiñamos moita fame e por iso cada un maquinou o mellor xeito de facelo...








Aínda que sexa facendo trampa!

E seguindo o consello da hixienista que veu visitarnos, comemos uns mini bocatas de crema de cacahuete, que estaban boísimos.



E para rematar, non podían faltar os ovos de chocolate que, combinados con amorodos, deixáronnos un estupendo sabor de boca.








Tamén organizamos unha busca de ovos de Pascua.







A BUSCAR!
CONSEGUIDOS!
ATOPADO!





TRIPULACIÓN DE VOLTA  A CASA  CO BOTÍN!




E  aínda sobrounos tempo para facer unha colorida manualidade de dragón chino...


...e desfrutar dun teatro de sombras,ao máis puro estilo chinesco.