lunes, 23 de abril de 2018

FELIZ DÍA DO LIBRO!





O 23 de Abril é unha data sinalada para todos aqueles aos que lles gusta "mergullarse" no fantástico mundo que nos ofrecen os libros: aventuras, terror, animais, poesía...., diferentes temáticas para qie poidamos elexir a mellor opción, a máis acorde cos nosos gustos como lectores.

Para rendirlle homenaxe, como se merece, abrimos unha porta imaxinaria, para que poidesen entrar personaxes saídos dos nosos contos favoritos: Carapuchiña, o  emperador (O Emperador e o reiseñor), a malvada bruxa, o pirata Malapata, o cabaleiro San Jorge e a súa bela princesa, etc...

Eles mesmos fixeron a súa presentación, desexándonos a todos os lectores un feliz día do Libro.
TODAS AS PERSONAXES DOS CONTOS  DESEXAMOS FELIZ DÍA DO LIBRO!

viernes, 20 de abril de 2018

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA



     "AS CONSERVAS TEMOS UNHA CHEA DE ENERXÍA PARA O TEU BOCATA".

          A través desta campaña, preténdese dar a coñecer as virtudes das conservas dos produtos do mar.para medrar sans e fortes.
As compañeiras de "Pónlle as pilas ao teu bocata" visitaron o noso cole, para falarnos  destes beneficios e convidáronnos a uns exquisitos bocatas de conserva.
.
Esperando o noso turno...
De que o pedirei?
Non quedaron nin as migas.Que rico!















Tamén recibimos a visita da Presidenta do Refuxio de Cambados, Olga Costa, quen nos contou toda a excelente labor que fan  neste Centro, acollendo a cans e gatos abandonados, alimentándoos  e coidándoos ata que alguén queira adoptalos.
A colaboración prestada polas familias foi inmellorable, donando todo tipo de produtos necesarios para o coidado dos animais.
Veu acompañada de tres preciosos cans, que fixeron as delicias dos nosos cativos.





 Xa que estaba próxima a celebración do Día do Libro, confeccionamos un marcapáxinas dun canciño, en homenaxe aos nosos grandes amigos.
Foi unha mañá moi divertida!


viernes, 13 de abril de 2018

LUCES, CÁMARA, ACCIÓN: A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES.

A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES
Érase unha vez unha vella quenlla, que un día, atopou unha pedra no fondo
do mar e confundiuna cunha madalena. Como estaba moi famenta, meteulle
un bocado e....
...saltáronlle todos os dentes, quedando
totalmente desdentada.


Atopouse cun rodaballo e díxolle:
Anda con coidado, que vouche dar un bocado!
O rodaballo, ao ver a boca da quenlla, botou a rir, dicíndolle:
Que vas facer sen dentes? 



Foi comunicar a gran noticia a todos os peixes, que vivían atemorizados coa quenlla.
Puxéronse moi contentos e decidiron ir a velo cos seus propios ollos.


As estrelas de mar foron as primeiras.
De seguido, foron os polbos.


E como non, os cabaliños de mar.
Todos os animais mariños pasaban a burlarse da pobre quenlla.


Ata que pasou por alí Bob Esponxa, quen vendo á quenlla tan triste, preguntoulle que lle pasaba. Tras escoitar a historia, aconselloulle visitar ao polbo cabezón, no seu taller de mecánica.
O polbo contoulle que aquel non era ningún problema.

Í.alle fabricar unha dentadura postiza de ferro e de metal


Unha vez rematada, colocoulla e a quenlla voltou sorrir, moi contenta.
Coa dentadura nova,foi en busca dos peixes, que tanto se burlaran del.
Confiando en que seguía desdentada, comezaron a rir, ata que abriu a boca e...


SOCORROOOOOOO!



Moi asustados, fuxiron a toda velocidade, pero non todos tiveron a mesma sorte.
Un dos polbos non foi tan rápido e acabou  servindo de merenda á quenlla.
O que sí aprenderon ese día é que non está nada ben burlarse dos demais, nin rirse dos seus defectos.


E COLORÍN, COLORETE, POLO OCÉANO, ESCAPOU UN PEIXE!.

lunes, 9 de abril de 2018

FELICES VACACIONES DE PASCUA!




Chegamos xa ao fin do segundo trimestre e estamos preparados para disfrutar dunhas merecidas vacacións de Pascua.Para endulzalas un pouco máis, fixemos  estas caixiñas, decoradas con ovos e coelliños de Pascua e enchémolas de ovos de chocolate.


FELIZ PASCUA PARA TODOS!






PARABÉNS,KARLA E DANIEL!

PARABÉNS PARA VOS, NESTA DATA QUERIDA
MOITAS FELICIDADES, MOITOS ANOS DE VIDA!

PEDIMOS UN DESEXO E.....A SOPRAR!

QUE RICAAAA!

DEGUSTANDO A SABROSA TARTA.


NON QUEDARON NIN AS MIGAS!

 CONCENTRADOS NO PRATO...