![]() |
| A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES |
![]() |
| Érase unha vez unha vella quenlla, que un día, atopou unha pedra no fondo do mar e confundiuna cunha madalena. Como estaba moi famenta, meteulle un bocado e.... |
![]() |
| ...saltáronlle todos os dentes, quedando totalmente desdentada. |
![]() |
| Atopouse cun rodaballo e díxolle: Anda con coidado, que vouche dar un bocado! |
![]() |
| O rodaballo, ao ver a boca da quenlla, botou a rir, dicíndolle: Que vas facer sen dentes? |
![]() |
| Foi comunicar a gran noticia a todos os peixes, que vivían atemorizados coa quenlla. |
![]() |
| Puxéronse moi contentos e decidiron ir a velo cos seus propios ollos. |
![]() |
| As estrelas de mar foron as primeiras. |
![]() |
| De seguido, foron os polbos. |
![]() |
| E como non, os cabaliños de mar. |
![]() |
| Todos os animais mariños pasaban a burlarse da pobre quenlla. |
![]() |
| Ata que pasou por alí Bob Esponxa, quen vendo á quenlla tan triste, preguntoulle que lle pasaba. Tras escoitar a historia, aconselloulle visitar ao polbo cabezón, no seu taller de mecánica. |
![]() |
| O polbo contoulle que aquel non era ningún problema. |
![]() |
| Í.alle fabricar unha dentadura postiza de ferro e de metal |
![]() |
| Unha vez rematada, colocoulla e a quenlla voltou sorrir, moi contenta. |
![]() |
| Coa dentadura nova,foi en busca dos peixes, que tanto se burlaran del. Confiando en que seguía desdentada, comezaron a rir, ata que abriu a boca e... |
![]() |
| SOCORROOOOOOO! |
![]() |
| Moi asustados, fuxiron a toda velocidade, pero non todos tiveron a mesma sorte. |



















No hay comentarios:
Publicar un comentario