lunes, 26 de junio de 2023

FESTA FIN DE CURSO




Día 21 de xuño: comeza o verán e remata o curso; polo tanto,toca diversión a tope e aquí posamos,recén chegados ao cole de Sisán.





                                                                     A DIVERTIRSE TOCA!


Unha mañá que comeza cun divertido contacontos a cargo de TRINKE TRINKE TEATRO,onde a ratiña LILY GRUYERE visitounos para contarnos unhas bonitas historias e cantar e bailar con aire francés.










Unha vez rematada a función,as colchonetas agardaban no exterior.




HORA DE MERENDAR

Unha actuación de percusión corporal ,baixo a dirección da profe Olalla,foi a seguinte actividade da mañá.




A entrega de diplomas aos alumnos que remataron a etapa de Educación Infantil foi presentada pola directora Ana.

PARABÉNS,FARAH!

PARABÉNS,AMALIA!

PARABÉNS,LÍA!

PARABÉNS,SOFÍA!


O remate da festa foi "pasada por escuma"!
MENUDA FESTA!

CANTA ESCUMA!

A DIVERSIÓN NON SÓ É PARA OS CATIVOS...


VAIA CHORRO!

QUE BEN O PASAMOS!




Todo o que comeza,ten que rematar e así chegamos ao final.

Un final de festa e tamén dun curso onde aprendemos,rimos,choramos,cantamos,bailamos,actuamos e sobre todo....

                                 DIVERTÍMONOS MOITO!

                                FELIZ VERÁN PARA TOD@S!

domingo, 25 de junio de 2023

ATA SEMPRE,QUERIDO DRACO!



Querido Draco, pois claro que sabemos onde está o teu ovo: nas Covas de Altamira,no municipio de Santillana do Mar,en Cantabria.
Despedímonos  de ti,porque o curso chega ao seu fin e imos de vacacións.
Esperamos que non perdas o teu ovo nunca máis.
Felices vacacións,Draco!

BISONTE



A NOSA INTERPRETACIÓN

 

sábado, 17 de junio de 2023

A MOLLARSE TOCA!

 

Aproveitando o calor que estamos pasando estes días,non quixemos esperar ao último día de Cole e decidimos refrescarnos,montando as nosas mini piscinas particulares.

FOTO DE GRUPO EN BAÑADOR

REMOJÓN!

A EFRESCAR A CABEZA!

PARRULIÑOS A NADAR!

TOMANDO O SOL

QUE TRANQUILIDADE!

DE QUE ESTARÁN FALANDO...?

VOU DORMIR UN POUQUIÑO!

QUE BEN SE ESTÁ AQUÍ DENTRO!

XOGANDO CÓS PARRULIÑOS!

PASÁMOLO DE MEDOOOOO!

PARABÉNS,ROMEO,BENITO E ROI!




Hoxe celebramos o aniversario de Romeo,Benito e Roi,aínda que estes dous últimos,por adiantado,xa que cumplen anos no mes de xullo e agosto,respectivamente.
Pero celebralo en compañía de todos os seus compañeiros é altamente gratificante,xa que síntense reis por un día.


PARABÉNS,CHICOS!

A SOPRAR!

TODAS APAGADAS!



SOPRANDO BEN FORTE!






 

DRACO,PERO....OUTRA VEZ?


 

CASTRO SANTA TECLA



De novo, prestamos a nosa axuda a Draco,tras investigar onde se atopa este castro,pertencente á cultura castreña e declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931.
Draco, tes que voltar ao municipio da Guardia,na provincia de Pontevedra.



 
A NOSA INTERPRETACIÓN

miércoles, 14 de junio de 2023

EXCURSIÓN A CAMPO LAMEIRO

 


O curso está a piques de rematar e chega o momento de ir de excursión a visitar o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro e os seus petroglifos.


                                    FOTO DE GRUPO Á CHEGADA AO PARQUE

A SESIÓN COMEZA CUN CONTACONTOS "LANDRA,A NENA DA PREHISTORIA".
'NAS INSTALACIÓNS ONDE SE RECREA UN POBLADO PREHISTÓRICO.
O QUE MÁIS LLE GUSTABA A LANDRA ERA PINTAR E PARA ISO,NECESITABA PIGMENTOS DE CARBÓN VEXETAL,SANGUE,HERBAS...


CON PIGMENTO MARRÓN!

COMO AUTÉNTICOS GUERREIROS!





OBSERVANDO MOI ATENTOS UN AUTÉNTICO GUERREIRO CON MOITO,MOITÍSIMO PELO!
UN TEAR

CERÁMICA



Despois de ver o interior,toca pasear polo exterior para ver os petroglifos e tocalos,pero só este; así que aproveitamos e trazamos có dedo todos os debuxos que vimos.





                                            
ESTE HAI QUE VELO DENDE A DISTANCIA!
                                                   PASEO POLO LABERINTO
PODEREMOS SAÍR?

VISITA AO POBOADO

                                                      NO INTERIOR DA VIVENDA


ESTATUA DE CERVO QUE TIÑAMOS QUE ATOPAR
                                             TOCA REPOÑER FORZAS DESPOIS DO LARGO PASEO



QUE RICOS ESTABAN OS BOCATAS!

XA TIÑAMOS FAME!
  
Despois da merenda,ven o taller das sementes que se plantaban na Prehistoria: centeo,liño millo,avea...


A MONITORA ANA DANDO EXPLICACIÓNS SOBRE A ACTIVIDADE



                                                    IMOS MOER O GRAN COA PEDRA

ALGO DE AXUDA,NON VEN NADA MAL!

MOENDO,MOENDO...



PENEIRANDO...
...E XA TEMOS A FARIÑA!

BOTANDO TERRA...

PLANTAMOS FABAS


E LEVAMOS O VASIÑO  PARA VER COMO MEDRA.


O NOSO PASEO POLA PREHISTORIA REMATA E TOCA VOLTAR Á ACTUALIDADE,SUBINDO AO AUTOBÚS,QUE NOS LEVARÁ A CASA.

ATA SEMPRE,CAMPO LAMEIRO!