sábado, 10 de junio de 2023

VISITANDO O FUTURO COLE


 Enfiando a recta final do curso,toca visitar o novo Cole,ao que iremos a cursar a etapa de Primaria. 

Moitos nervios e ilusión por coñecer aos novos compañeiros,as intalacións,os profes...

Acudimos á parada de autobús máis próxima á Aula de Lois,onde poidemos falar cós compañeiros de cursos pasados.

Ao chegar,xa estaban esperándonos as profes do grupo de Infantil de cinco anos.


                                         GRUPO CÓS NOVOS COMPAÑEIROS

Despois dun xogo de presentación para coñecernos,nos diriximos ao ximnasio para recibir unha clase ben divertida co profe Pablo e o paracaídas.








A clase de Inglés foi a nosa seguinte actividade,onde xogamos có Monstro de Cores e os diferentes estados de ánimo.



Tocaba decorar e compoñer un puzzle entre todo o grupo,aportando cada un a súa peza.






A PROFE ANA ENSINANDO O RESULTADO FINAL

TODOS BEN ATENTOS


Chega o momento de repoñer forzas coa merenda, a base de froita e ricas magdalenas.



E como non,a tan ansiada hora do patio!
XOGANDO CON BICHIÑOS

COLOCANDO NEUMÁTICOS

RECICLAXE

COCIÑAMOS

FALAMOS


A clase de Música encantounos,porque convertemonos en auténticos piratas na busca do tesouro,coa profe María.









Coa visita ás clases de Primeiro para ver como traballan os compañeiros,rematou a mañá.

Moitas grazas ás profes e aos rapaces por ofrecernos esta experiencia tan divertida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario