martes, 5 de noviembre de 2019

E POR FIN....CHEGOU O SAMAÍN!

Con moitísimas ganas de divertirnos, chegamos ao local social de Leiro para celebrar a festa do Samaín e o Magosto.






HOMESLOBO

ZOMBIS







CATRINAS



VAMPIRESAS

CONDE DRÁCULA
MOMIAS


UNHA BONITA EXPOSICIÓN DE CABAZAS,INXENIOSAS,DIVERTIDAS, TERRORÍFICAS...





TAMÉN HOUBO MOMENTOS PARA OS CONTOS DE MEDO...
UN SORRISO, POR FAVOR!


        
...E PARA QUE UNHA SIMPÁTICA BOTELLA NOS                  FALASE DO RECICLAXE E PUXÉRAMOS CARA DE FOTO PARA  SAÍR BEN GUAPOS NO GRUPO

TAMÉN DECORAMOS UN CUCURUCHO  DE PAPEL RECICLADO PARA ENCHELO DE RICAS CASTAÑAS ASADAS.


A PARTE MUSICAL CORREU A CARGO DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIBADUMIA



"ARTEAMOS" NO SAMAÍN

     



                  Para desenvolver a nosa creatividade e estimular a imaxinación, nada mellor que propoñer actividades artísticas con diferentes materiais e combinacións de formas e cores.

E co Samaín como tema, na nosa clase de Plástica, decidimos facer unha momia con candea incluida, que unha vez apagada a luz, tiña un aspecto moi, moi tenebroso.
Cun bote de cristal, unhas vendas, uns ollos adhesivos e unha candea, as nosas momias xa estaban listas para a festa de medo.





QUEDARON.......DE MEDO!


E PARA UN PEQUENO FRANKENSTEIN, NADA TAN FÁCIL COMO PINTAR A MAN DE COR VERDE E NEGRA..
...E COLOCARLLE UNS OLLOS, DEBUXAR DOUS TORNILLOS E UNHA BOCA COSIDA
.
 E NON PODÍA FALTAR UNHA GRAN TEA DE ARAÑA...



...COAS SÚAS TECEDOIRAS

A DISFRAZARSE POLO SAMAÍN!

   



A BRUXIÑA MARUXIÑA
                     Como teatreros que somos,non podíamos faltar á cita desta terrorífica festa, buscando no noso baúl de disfraces aqueles que nos daban máis medo.
MONSTER HIGH

Coñecédenos a tod@s?
A BRUXIÑA MALVIÑA

A DIABLESA VANESSA



O VAMPIRO CLODOMIRO
O ZOMBI PIRATA


O DIABLO ENFADADO
O LOBISHOME

PREPARANDO O SAMAÍN!

   


         Xa está a piques de chegar a nosa data favorita, aquela onde momias, zombis, vampiros, bruxas,esqueletes e homes lobo deambulan polas rúas, asustando a todo aquel que se atreva a saír da súa casa:  O SAMAÍIIIN!

OLLOS PECHADOS E LINGUA FORA....
Nós, na asamblea imos practicando caras de medo para aterrorizar a todos os que atopemos e, de verdade, que algunhas dan motíiiiiismo medo.
AUTÉNTICO ZOMBI!


ATAQUE ZOMBI
ASUSTO CUN SORRISO!

SORRISO MALICIOSO!


ONDE ESTÁ ESA CARA DE MEDOOOO?

CARA DE MALVADO
ZOMBI DORMIDO

lunes, 4 de noviembre de 2019

5,4,3,2,1.......DESPEGUEEEEEE!






Para facer a nosa viaxe intergaláctica,puxemos o traxe de astronauta e...A FLOTAR POLO ESPAZO!


O proxecto do Universo lévanos a descubrir un mundo de planetas, estrelas, galaxias, nubes de pó....
DESEÑAMOS COHETES
...E OS PERSONALIZAMOS.