miércoles, 31 de octubre de 2018

TODOS A DISFRUTAR, QUE CHEGA O SAMAÍN!

Preparándose para a chegada da festa do Samaín, fixemos uns colgantes co noso personaxe de medo favorito:pantasma, vampiro, Frankenstein, momia, bruxa, home lobo...

                                     Agora chegou o momento de asustar cos nosos disfraces e unhas caras realmente aterradoras... Vaia susto!
              
A VAMPIRESA MILA E A ZOMBI MARTINA



A BRUXA ALMA
O ZOMBI JESÚS


O BONECO DIABÓLICO YAGO

O ZOMBI DANI

O ZOMBI LEO


A MOMIA PEDRO
A VAMPIRESA CARMEN

O ZOMBI ALEJANDRO


A BRUXA LUCÍA

O ZOMBI DAVID
A ZOMBI KARLA
 A exposición de cabazas foi espectacular,xa que podíamos atopar dende un pirata co seu parche ou un paiaso ata un vampiro,  unha bruxa ou un morcego. Tamén poidemos disfrutar dunha sesión musical a cargo dos compoñentes da Escola de Música de Ribadumia.






E como non podían faltar as castañas asadas, tivemos uns estupendos papás voluntarios para axudar na preparación  do magosto.





E xa para rematar de vencer os medos a estes personaxes imaxinarios, escollemos algúns deles e personalizámolos nun mural co título "QUEN DIXO MEDO?"










martes, 30 de octubre de 2018

CARREIRA SOLIDARIA





A aula de Lois,do C.R.A. de Ribadumia, tamén quixo aportar o seu gran de area para unha causa tan importante como é a leucemia infantil.
Tras aportar o noso donativo, dispuxémonos a correr como auténticos campións, acompañados por algúns pais e avós, que moi amablemente acudiron á escola para correr con nós.
Unha vez rematada, tivo lugar a entrega de diplomas con moitos aplausos e saúdos a cámara.


PARABÉNS, RAPACES!

















lunes, 15 de octubre de 2018

LUCES, CÁMARA, ACCIÓN!

Voltamos un ano máis con moitísimas ganas de facer teatro e para ir quentando motores, comezamos cun xogo de grupo relacionado co maravilloso mundo do circo, no que ao mesmo tempo, exercitabamos a nosa atención.

Despois de poñernos cada un o noso sombreiro elexido, camiñabamos pola aula ao son da música. Cando deixase de soar, a profe metía a un neno ou nena dentro da carpa do circo, mentres que os demais tiñamos os ollos pechados.

A profe Olalla era a encargada de vixiar que ninguén fisexe trampa e mirase polo rabillo do ollo.
Quén está escondido na carpa do circo?
Tiñamos que mirar ben uns para outros para saber quen era o que faltaba e o primeiro que o adiviñase sería o gañador.
Divertímonos moito!



Camiñamos ao son da música co noso sombreiro favorito: policía, pirata, bombeiro, vaquero...





Aplausos para o gañador!

Ollos ben pechadossssss!

PRESENTACIÓN DOS AMIGUIÑOS DE MAUSY E DO MUNDO DA HORTA COA PROFE ANA

CÁNTO TEMPO SEN VER A MAUSY!

A TEACHER ANABEL PRESENTOUNOS AO NOVO AMIGO DE MAUSY

TODOS QUERIAMOS DARLLE UNHA APERTA!

A PROFE ANA CONTOUNOS TODO O QUE ÍAMOS FACER NA AULA DE NATUREZA...

...E ESTIVEMOS MOI, PERO QUE MOI ATENTOS.