jueves, 24 de noviembre de 2022

MURAL DE DINOSAUROS

DINOSAUROS

 

Estamos aprendendo tantas cosas sobre estes lagartos terribles que decidimos plasmalas sobre un gran mural, que leva por título DINOSAUROS, con letras decoradas con collage e fotografías e debuxos de diferentes dinosauros, co seu nome, tipo de alimentación e pegada.

E para levarnos a casa un recordo destes grandes animais, fixemos un brazalete cun dinosaurio ben colorido.






XOGOS DE DINOSAUROS

 

Seguemos a traballar cos dinosauros e toca facelo cos xogos de atención e habilidade motora fina: Memo, Dinobingo,Dominó,Balance de madera. sombras,desplazamento de ovo de dinosauro sobre culler na boca...

XOGO DE EQUILIBRIO

COIDADO CO OVO!

CON MOITA SEGURIDADE!

MOI CONCENTRADO

SEN PERDER DE VISTA O OVO!

VOUNO CONSEGUIR!

XA QUEDA POUCO!

IMOS CHEGANDO!

EMPARELLAMOS

CONTAMOS


MEMO



O NOSO NOME CON GALLETAS

 

Hoxe traballamos cos nosos nomes: contamos o número de letras, o número de sílabas, cales eran os máis curtos e cales os máis longos, os que tiñan o mesmo número de letras, percutimos as sílabas...

Agora tocaba compoñer o nome dun xeito moi doce: con galletas.

En varios pratiños, tiñamos que buscar as letras correspondentes e unha vez feito...COMELAS!

Especialmente hoxe, a máis de un encantaríalle chamarse NABUCODONOSOR (13 letras= 13 galletas)





PERO QUE DELICIA DE GALLETAS!











IMOS DE EXCURSIÓN!


Hoxe , por fin, poidemos ir de excursión, xa que o mal tempo deunos tregua e subimos no autobús, cara a Portonovo. 

Xa na Lonxa, poidemos participar na subasta do peixe, hoxe modernizada a través de mandos a distancia. Cando un comprador o para, a caixa chega ao final da cinta, emitíndose a correspondente etiqueta. Mercamos moito peixe, pero a un precio moi alto! Teremos que practicar un pouco máis, para facelo mellor!

Tamén coñecemos o arte da pesca e os seus diferentes aparellos: liña, palangre,raño,nasa...

Unha vez rematada a compra,camiñamos ata o porto para visitar ás redeiras, que moi amablemente, explicáronnos  o arte das redes.


Un mariñeiro que atopamos no porto ensinounos un polbo e poidemos ver como os tentáculos seguían movéndose.
Antes da merenda mariñeira que nos tiñan preparada, subimos de novo ao autobús para visitar o mercado e coñecer diferentes tipos de peixe e marisco.


AMEIXAS

MEIGAS FRESQUIÑAS!

BOIS E CENTOLOS




 ROBALIZA

NÉCORAS

OLLOMOL E PEIXE SAPO

COMO PESA!

RICAS LURAS E PESCADAS!

LUBRIGANTES
Todo o personal do mercado foi moi amable  e explicounos con detalle os diferentes tipos de marisco e peixe que tiñan á venda.

Ademáis, déronnos un agasallo ao rematar a visita: unha bolsa con unha caixiña de lápices de cores, un caderno cos diferentes postos que hai no mercado e os produtos que se venden neles e un bloc para anotar a compra.
Despedímonos e voltamos á Lonxa, onde xa, con moita fame, poidemos merendar.
FOTO COA BOLSIÑA DE AGASALLO

QUE RICA A PIZZA MARIÑEIRA!

AS CROQUETAS TAMÉN ESTABAN BOÍSIMAS!

E PARA REMATAR, UN IOGUR DE VAINILLA!



Antes de subir ao autobús, vimos uns ourizos de
 mar, vaia pinchos que tiñan!


E a foto final con todo o grupo e entrega dos diplomas de participación na actividade.
Canto aprendemos  e que divertido!