jueves, 24 de noviembre de 2022

IMOS DE EXCURSIÓN!


Hoxe , por fin, poidemos ir de excursión, xa que o mal tempo deunos tregua e subimos no autobús, cara a Portonovo. 

Xa na Lonxa, poidemos participar na subasta do peixe, hoxe modernizada a través de mandos a distancia. Cando un comprador o para, a caixa chega ao final da cinta, emitíndose a correspondente etiqueta. Mercamos moito peixe, pero a un precio moi alto! Teremos que practicar un pouco máis, para facelo mellor!

Tamén coñecemos o arte da pesca e os seus diferentes aparellos: liña, palangre,raño,nasa...

Unha vez rematada a compra,camiñamos ata o porto para visitar ás redeiras, que moi amablemente, explicáronnos  o arte das redes.


Un mariñeiro que atopamos no porto ensinounos un polbo e poidemos ver como os tentáculos seguían movéndose.
Antes da merenda mariñeira que nos tiñan preparada, subimos de novo ao autobús para visitar o mercado e coñecer diferentes tipos de peixe e marisco.


AMEIXAS

MEIGAS FRESQUIÑAS!

BOIS E CENTOLOS




 ROBALIZA

NÉCORAS

OLLOMOL E PEIXE SAPO

COMO PESA!

RICAS LURAS E PESCADAS!

LUBRIGANTES
Todo o personal do mercado foi moi amable  e explicounos con detalle os diferentes tipos de marisco e peixe que tiñan á venda.

Ademáis, déronnos un agasallo ao rematar a visita: unha bolsa con unha caixiña de lápices de cores, un caderno cos diferentes postos que hai no mercado e os produtos que se venden neles e un bloc para anotar a compra.
Despedímonos e voltamos á Lonxa, onde xa, con moita fame, poidemos merendar.
FOTO COA BOLSIÑA DE AGASALLO

QUE RICA A PIZZA MARIÑEIRA!

AS CROQUETAS TAMÉN ESTABAN BOÍSIMAS!

E PARA REMATAR, UN IOGUR DE VAINILLA!



Antes de subir ao autobús, vimos uns ourizos de
 mar, vaia pinchos que tiñan!


E a foto final con todo o grupo e entrega dos diplomas de participación na actividade.
Canto aprendemos  e que divertido!


No hay comentarios:

Publicar un comentario