viernes, 29 de abril de 2022

OS MAIOS

 


Hoxe tocou día de festa no Cole: celebramos os Maios.

Para vestir o noso maio, trouxemos fiuncho, xesta, flores, laranxas, cáscaras de ovo...

Cos pampullos, fixemos colares e coroas,que tamén usamos para poñernos moi guapos e bailar arredor do maio.


Despois de tanto traballo, era necesario repoñer forzas cun rico biscoito de laranxa.











E xa no patio, de súpeto, escoitamos o son dunha gaita,acompañada dun bombo e un tambor...




A FESTA ÍA COMEZAR!



E AO SON DA MÚSICA, TODOS A BAILAR!
E POR QUÉ NON TAMÉN A TOCAR?



                                               













FELIZ DÍA DOS MAIOS!

































lunes, 25 de abril de 2022

23 DE ABRIL,DÍA DO LIBRO


 Neste gran día, algunhas personaxes saíron dos contos,cobrando vida e mesturándose nun pequeno video, pensado para a ocasión. Sabedes a qué contos pertenecen?

Tamén xogamos a emparellar personaxes cos obxectos correspondentes: Cincenta co seu zapato, Brancaneves coa mazá envenenada, Aladino coa alfombra máxica...


















Detrás destes contos, escóndense os rapaces desta clase.
Adiviñades quen es quen?













Un marcapáxinas non podía faltar para celebrar o Día do Libro
e así de bonito quedou coa mascota da biblioteca, Zapatocas.





E para rematar a celebración,
a sorpresa  do ANPA!

Dous minilibros de Kalandraka

Moitas gracias, Sandra!



        




                                                                                      
FELIZ DÍA DO LIBRO























lunes, 18 de abril de 2022

VACACIÓNS DE PASCUA








Rematou o segundo trimestre e imos tomar unhas ben merecidas vacacións; así que toca facer festa de despedida e nada mellor que organizando unha "comida china con palillos".
Convertíuse nun auténtico reto,porque non era nada sinxelo.
Eso sí, estaba claro que o arroz non ía quedar na cunca,porque tiñamos moita fame e por iso cada un maquinou o mellor xeito de facelo...








Aínda que sexa facendo trampa!

E seguindo o consello da hixienista que veu visitarnos, comemos uns mini bocatas de crema de cacahuete, que estaban boísimos.



E para rematar, non podían faltar os ovos de chocolate que, combinados con amorodos, deixáronnos un estupendo sabor de boca.








Tamén organizamos unha busca de ovos de Pascua.







A BUSCAR!
CONSEGUIDOS!
ATOPADO!





TRIPULACIÓN DE VOLTA  A CASA  CO BOTÍN!




E  aínda sobrounos tempo para facer unha colorida manualidade de dragón chino...


...e desfrutar dun teatro de sombras,ao máis puro estilo chinesco.









































 




sábado, 2 de abril de 2022

CONCURSO XOIA DÍA DA NAI

  


 Como todos os cursos, presentámonos ao Cocurso de Deseño de Xoias, convocado polo Colexio Oficial de Xoiaría , para a celebración do Día da Nai.

Estes foron os traballos presentados, feitos con moito agarimo e ilusión.



PULSEIRA COLGANTES
AMALIA









PENDIENTES CARIÑAS
ROMEO

PULSEIRA TULIPÁNS
LÍA


ANEL ESTRELAS
SOFÍA

COLGANTE  MAMI
YAGO

PENDENTES CORAZÓN
FARAH

PULSEIRA PRIMAVERA
LARA


PARABÉNS, FARAH!


   


A nosa compañeira Farah xa ten cinco anos e coa Terra na man vai recorrendo todo o camiño arredor do Sol,un aniño da súa vida. E así, ata rematar coas cinco voltas.










PARABÉNS, FARAH!