lunes, 31 de enero de 2022

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ



Hoxe celebramos na clase o Día da Paz, xa que o día 30 coincidiu en domingo.
Este ano, adicámosllo a Mahatma Gandhi, político, pensador e avogado indio que loitou polos dereitos da poboación india. Os seus métodos eran a resistencia pacífica e a non violencia.



MAHATMA GANDHI

Ordeamos as pezas dun crebacabezas co seu rostro

Convertímonos en super heroes pola Paz, baseada no respeto e a tolerancia.

"Non hai camiño hacia a paz, a paz é o camiño"



 

viernes, 28 de enero de 2022

AS SILLAS MUSICAIS


 Hoxe divertímonos moito, xogando ás sillas musicais e fixémolo en dúas versións: a primeira, competitiva, onde o que quede de pé, sen silla, está eliminado e a segunda, a cooperativa, onde non queda ningún xogador eliminado, de xeito que é necesario cooperar para sentarnos todos nas sillas que queden.Cando quedan poucas sillas, hai que agudizar o inxenio e a axuda para conseguir o ben común.

EN GÓNDOLA POR VENECIA


Como non hai nada máis típico de Venecia que unha góndola, decidimos crear unha , na nosa clase de Plástica.
Recortamos  a  plantilla e a decoramos libremente, usando rotuladores de diversas cores.





Só faltaba colocar o gondoleiro e....a navegar polos canais venecianos!




 

sábado, 22 de enero de 2022

ARRIBA O TELÓN!: CINCENTA


 

Érase que se era unha fermosa xoven a quen  a súa cruel madrastra e as dúas medias irmáns obligaban a ocuparse das labores máis duras da casa,coma se fose unha criada.

Cincenta 




Cincenta, barre a cociña!



Pero un día, chegou un enviado do Rei, invitando a todas as mozas ao baile de palacio.



"Fáise saber que o vindeiro sábado celebrarase un gran baile en palacio"













A madrastra e as súas fillas vestíronse moi elegantes para acudir ao baile, pero non permitiron que a pobre Cincenta as acompañase.



       
Cando marcharon,botou a chorar amargamente...




.



Pero de súpeto...apareceu a Fada Unicornio, quen lle dixo que non se preocupara, que coa súa variña máxica podería cumplir todos os seus desexos.





E coas palabras máxicas"SALACADULA MACHICABULA DIBIDIBABIDIBU" convertiu unha cabaza en carroza, ratóns en cabalos e un galo nun cocheiro.Despois, tocou a Cincenta coa variña e os seus vestidos vellos transformáronse nun vestido resplandecente e as súas zapatillas nuns preciosos zapatiños de cristal.
   



QUE BONITO VESTIDO!






OS ZAPATIÑOS DE CRISTAL



                                              O cocheiro levouna a palacio, non sen antes escoitar  o aviso da fada de que ao chegar a medianoite, todo voltaría á realidade e a maxia desaparecería.



As irmás bailaron toda a noite, agardando a que o 
Príncipe se fixara nelas.

Pero él só tiña ollos para Cincenta.
.
A súa beleza causou admiración e o Príncipe non se apartou dela nin un só momento.




Pero cando comezaron a soar as doce no reloxio, Cincenta botou a correr e coas presas, perdeu un zapato.


O fillo do Rei non sabía nin o nome da guapa xoven coa que bailara toda a noite; só tiña o seu zapato.
Así que anunciou que se casaría coa moza a quen lle servira o zapato de cristal.
Mandou un paxe por todas as casas do reino, coa intención de atopala.




Pero á outra demasiado grande...
A unha das irmás quedáballe pequeno...


                                           
           Cando lle tocou probalo a Cincenta, encaixaba perfectamente no seu pé.







O Príncipe e Cincenta casáronse ,foron moi felices e comeron perdices!


"COLORÍN,COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO"

CANAL DE SUEZ




Continuamos a nosa viaxe polo mundo e dirixímonos a Suez, cidade en Exipto, perto da saída do canal de Suez.
Así poidemos saber que un dos máis grandes buques do mundo, o Ever Given, quedou atascado neste canal durante seis días, paralizando o transporte marítimo mundial.

O BUQUE EVER GIVEN





Para chegar a Suez, tivemos que embarcar no porto de Bríndisi, en Italia.
Cos nosos pasaportes en regla, previa revisión de la capitana Olalla, quen nos adxudicou o número de asento, poidemos iniciar a nosa viaxe en barco.
Pero non foi tan sinxelo, xa que antes tiñamos que atopar as letras para formar a mensaxe "CANAL DE SUEZ".
Traballando en equipo, todo resulta máis doado; así que buscamos por toda a aula ,seguindo as pistas indicadas e non tardamos moito en conseguilo.


PROBA CONSEGUIDA!




A seguinte proba consistía en formar unha torre con cubos, colocándoos do xeito adecuado, respetando o seu tamaño. Unha vez rematada, poidemos embarcar.



Tiñamos que buscar o noso asento de xeito ordenado, respetando a serie numérica.
Esta foi a proba máis difícil, xa que nos liábamos moito!


Pero por fin, conseguímolo e o barco zarpou!




Ao desembarcar, tivemos que seguir as huellas, poñendo a proba a nosa motricidade.








Chegando ao final...

Ben concentrado!










 

jueves, 20 de enero de 2022

ASOCIAMOS




Hoxe xogamos a asociar os números coa cantidade correspondente, utilizando material manipulativo. Así, observamos que cada número componse  de cantidades separadas e aprendemos os números.








Tamén utilizamos xogo de fichas co mesmo obxectivo

 

domingo, 16 de enero de 2022

Á RICA PIZZA!

 

Para despedirnos de Italia, qué mellor que facelo cunha rica pizza!

Así que puxémonos mans á obra para cociñar un dos platos típicos do país, axudados polo noso amigo o robot Thermomix.

Os ingredentes que necesitamos para a masa son:

LEVADURA

AUGA


SAL
FARIÑA

ACEITE



A BATER!



POÑEMOS CHAMPIÑÓNS, TOMATES CHERRY, PEMENTO, ACEITUNAS NEGRAS












QUEIXO, TOMATE E OVOS DE CODORNIZ









METÉMOLA AO FORNO...





E PASADOS 25 MINUTOS, XA A TEMOS LISTA PARA COMER!
BÓ PROVEITO!








ESTÁ BOÍSIMA!



BUON APPETITO!