sábado, 22 de enero de 2022

ARRIBA O TELÓN!: CINCENTA


 

Érase que se era unha fermosa xoven a quen  a súa cruel madrastra e as dúas medias irmáns obligaban a ocuparse das labores máis duras da casa,coma se fose unha criada.

Cincenta 




Cincenta, barre a cociña!



Pero un día, chegou un enviado do Rei, invitando a todas as mozas ao baile de palacio.



"Fáise saber que o vindeiro sábado celebrarase un gran baile en palacio"













A madrastra e as súas fillas vestíronse moi elegantes para acudir ao baile, pero non permitiron que a pobre Cincenta as acompañase.



       
Cando marcharon,botou a chorar amargamente...




.



Pero de súpeto...apareceu a Fada Unicornio, quen lle dixo que non se preocupara, que coa súa variña máxica podería cumplir todos os seus desexos.





E coas palabras máxicas"SALACADULA MACHICABULA DIBIDIBABIDIBU" convertiu unha cabaza en carroza, ratóns en cabalos e un galo nun cocheiro.Despois, tocou a Cincenta coa variña e os seus vestidos vellos transformáronse nun vestido resplandecente e as súas zapatillas nuns preciosos zapatiños de cristal.
   



QUE BONITO VESTIDO!






OS ZAPATIÑOS DE CRISTAL



                                              O cocheiro levouna a palacio, non sen antes escoitar  o aviso da fada de que ao chegar a medianoite, todo voltaría á realidade e a maxia desaparecería.



As irmás bailaron toda a noite, agardando a que o 
Príncipe se fixara nelas.

Pero él só tiña ollos para Cincenta.
.
A súa beleza causou admiración e o Príncipe non se apartou dela nin un só momento.




Pero cando comezaron a soar as doce no reloxio, Cincenta botou a correr e coas presas, perdeu un zapato.


O fillo do Rei non sabía nin o nome da guapa xoven coa que bailara toda a noite; só tiña o seu zapato.
Así que anunciou que se casaría coa moza a quen lle servira o zapato de cristal.
Mandou un paxe por todas as casas do reino, coa intención de atopala.




Pero á outra demasiado grande...
A unha das irmás quedáballe pequeno...


                                           
           Cando lle tocou probalo a Cincenta, encaixaba perfectamente no seu pé.







O Príncipe e Cincenta casáronse ,foron moi felices e comeron perdices!


"COLORÍN,COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO"

No hay comentarios:

Publicar un comentario