viernes, 10 de mayo de 2019

XA SOMOS CAPITANAS E CAPITÁNS ARROAS! AO ABORDAXE!

Pola nosa participación no Programa "O sabor da aventura está no mar" otorgáronnos estes diplomas  pola que se nos nomea Capitán Arroas.
Somos uns auténticos grumetes!



















  Na clase de teatro, representamos a obra "SAN JORGE Y EL DRAGÓN".
SE RUEDA...LUCES, CÁMARA....ACCIÓN!

"SAN JORGE Y EL DRAGÓN"
O dragón acércase ao castelo...
O rei, a raíña e a princesa.



Ameaza aos reis para que lle dean comida.
O rei fala cos seus súbditos.



 
e o dragón devóraos sen piedade.
Entréganlle os seus animais  como comida



Bois, cabuxas, cabalos,
vacas, porcos, ovellas...








Cando se acaban as provisións, o dragón ameaza con comer aos habitantes do pobo, que están atemorizados.
A princesa ofrécese voluntaria para salvar  aos  seus súbditos.

O rei e a raíña choran, desconsolados.








O dragón entra e cando está a punto de devorar á princesa...


Abrazan á princesa, por última vez.


aparece un cabaleiro de brillante armadura: é San Jorge!

Loita contra o dragón coa súa espada...
pero coas súas potentes garras, está a punto de matalo


Pero o bravo cabaleiro crávalle a espada no corazón

e o dragón cae ao chan, fulminado.

Por fin, a princesa volve a sorrir...
e San Jorge dálle un forte abrazo, moi contento de salvala.
E COLORÍN, COLORADO...


...ESTE CONTO ESTÁ REMATADO.


Ademais, na clase de manualidades, confeccionamos un marcapáxinas, utilizando un depresor que adornamos con ceras e rotuladores e pegámoslle un pompón de cores.
Finalmente, pasámoslle  unha man de barniz para que quedase moi brillante.
O resultado foi....DE LIBRO!








jueves, 9 de mayo de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!

Como cada 23 de abril, celebramos o Día do Libro, data da morte de dous grandes escritores: Cervantes e Shakespeare. É un día que celebra a cultura e os libros en todo o mundo, graci
as a estes dous autores mundialmente coñecidos.Coincide co Día de San JORDI  e as rúas de cidades e pobos énchense de xente  e de postos de libros e rosas.

A lenda conta que, hai moito tempo,en Montblanc (Tarragona), un feroz dragón tiña atemorizados aos habitantes da cidade.Cansados dos seus estragos, decidiron calmarle, dándolle de comer a unha persoa ao día que se elexiría por sorteo.

Despois de varios días,, tocóulle á princesa. Pero cando o dragón xa estaba a punto de devorala, un cabaleiro chamado Sant Jordi, con brillante armadura e montado nun cabalo branco, alzou a súa espada e atravesou ao dragón, liberando así á princesa e aos cidadáns.
Do sangue do dragón brotou unha roseira de rosas vermellas. Po iso, regalar rosas é o máis significativo de esta festividade.
Na clase, plasmamos o noso conto favorito nun libro, escribindo o seu título e ilustrandoo cun bonito debuxo. Titulámolo "MI CUENTO FAVORITO ES...."