Como cada 23 de abril, celebramos o Día do Libro, data da morte de dous grandes escritores: Cervantes e Shakespeare. É un día que celebra a cultura e os libros en todo o mundo, graci
as a estes dous autores mundialmente coñecidos.Coincide co Día de San JORDI e as rúas de cidades e pobos énchense de xente e de postos de libros e rosas.
A lenda conta que, hai moito tempo,en Montblanc (Tarragona), un feroz dragón tiña atemorizados aos habitantes da cidade.Cansados dos seus estragos, decidiron calmarle, dándolle de comer a unha persoa ao día que se elexiría por sorteo.
Despois de varios días,, tocóulle á princesa. Pero cando o dragón xa estaba a punto de devorala, un cabaleiro chamado Sant Jordi, con brillante armadura e montado nun cabalo branco, alzou a súa espada e atravesou ao dragón, liberando así á princesa e aos cidadáns.
Do sangue do dragón brotou unha roseira de rosas vermellas. Po iso, regalar rosas é o máis significativo de esta festividade.
Na clase, plasmamos o noso conto favorito nun libro, escribindo o seu título e ilustrandoo cun bonito debuxo. Titulámolo "MI CUENTO FAVORITO ES...."
No hay comentarios:
Publicar un comentario