viernes, 23 de diciembre de 2022

FESTIVAL DE NADAL

 

22 de Decembro: Festival de Nadal,no Auditorio de Ribadumia.

Xa por fin poidemos celebralo con todos os nosos compañeiros  de Leiro, Sisán e Ribadumia.

Acudimos moi guapos,con gorro de Papá Noel, cornos de reno, traxe de Mamá Noel e moitas ganas de pasalo ben.

A mañá comezou cun contacontos organizado polo ANPA,ao que tamén asistiron os peques da Guardería de Barrantes,que bailaron ao ritmo de Mamá Cabra,a panxoliña "Na casa da miña avoa".

Divertímonos cá obra de teatro"Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis".

Trocamos as uvas por bolsas de vermiños ao toque das badaladas e merendamos ricos doces que trouxeron os rapaces de tres anos.

As actuacións das diferentes escolas,baixo a dirección da profe Olalla e a visita do Apalpador foron o broche final a esta mañá tan chea de actividades e emoción.



  
            
BEN ATENTOS AO CONTACONTOS!

VAIA SONO MÁIS PESADO TEN!
                          

POR FIN DESPERTOU!

PANXOLIÑA "CAMPANA SOBRE CAMPANA"


                                                         FELICES FESTAS A TOD@S!

martes, 20 de diciembre de 2022

ADORNOS E CHOCOLATADA CON ROSCÓN DE REIS

 Xa nos achegamos ao final do trimestre e, como consecuencia, ás tan ansiadas vacacións de Nadal.

Quixemos facer unha xornada un tanto especial,con manualidades para colocar na nosa árbore de Nadal  e unha merendola a base de chocolate ben quentiño, roscón de Reis para mollar e galletas de xenxibre.

Non quixemos esquecernos das avoíñas e avoíños que pasan as festas na Residencia de Ribadumia e deseñamos unhas bonitas tarxetas para desexarlles un felix Nadal.














ENCÁNTAME O ROSCÓN!
           ESTÁ DE RECHUPETE!


    QUE RICO O CHOCOLATIÑO!
CON FIELTRO VERDE E BOTÓNS,ASÍ DE BONITO QUEDOU O NOSO ABETO

CON FIELTRO ROSA E BOTÓNS, FIXEMOS UNHA CASIÑA DE NADAL





E AÍNDA TIVEMOS TEMPO DE MONTAR UN PAPÁ NOEL ASÍ DE GUAPO!

miércoles, 14 de diciembre de 2022

O NADAL CHEGA Á BIBLIOTECA

 


O Nadal tamén chega á nosa Biblioteca, onde está agardando o querido Zapatocas, moi elegante co seu gorro de Papá Noel e unha misteriosa carta. 

QUEREDES SABER O QUE DI A CARTA?

COA AXUDA DE ROMEO E BENITO,POIDEMOS ENTERARNOS DO CONTIDO DA CARTA.


UNHA SELECCIÓN DE CONTOS DE NADAL ESPERABAN NOS ANDEIS PARA SER  LIDOS.
AXUDADOS POLAS CASIÑAS DO  CALENDARIO DE ADVENTO QUE CONTIÑAN
OS TÍTULOS DOS CONTOS, PODERÍAMOS SABER CAL CORRESPONDE LER CADA DÍA.
HOXE TOCOU "¿DÓNDE ESTÁ PAPA´NOEL?"




PERO....ALGUÉN MÁIS QUERE ESCOITAR  OS BONITOS CONTOS DE NADAL.E MOI CÓMODAMENTE SENTADA NO SOFÁ, ATOPAMOS A "MÉRCORES", A OSIÑA DE LOIS QUE VEN PASAR CON NÓS AS MAÑÁS DOS MÉRCORES; POR ISO,ADOPTOU ESE NOME DO DÍA DA SEMANA.


 





SALUDOS A AMALIA

QUE APERTA!

UNHA GRAN APERTA DE ROMEO

MÉRCORES ESTÁ ENCANTADA !

                                                                                                                      E LÍA TAMÉN!
                                                                                                                 
SURI ESTÁ ENCANTADA
ROI DÁLLE UNHA APERTA ENORME


SOFÍA ESTÁ MOI CONTENTA COA OSIÑA

A OMAR GÚSTALLE MOITO "MÉRCORES"



XA CHEGA O NADAL!

 

Xa se aproxima a nosa época favorita do ano: O NADAL!

E que sería do Nadal sen adornos, sen árbore,sen o Elfo falcatrueiro, sen os Reis ou Papá Noel?

Pois que non parecería Nadal; así que toca sacar a árbore,as cintas, o Papá Noel e pasar un rato divertido, adornando a clase.

ATENTOS ÁS EXPLICACIÓNS PARA ADORNAR A ÁRBORE










TAREFA REMATADA!



PAPÁ NOEL, MOI ATENTO AO COMPORTAMENTO DOS NENOS.

NON PODIAMOS ESQUECER O PORTALIÑO!

ADORNO CON MATERIAL DE REFUGALLO


E non podía faltar o tradicional Calendario de Advento, na conta atrás, para saber cánto falta para as tan desexadas festas.





Tamén tivemos tempo para facer unha manualidade: un spinner con Papá Noel e os seus renos.
AGORA APARECE...

...E AGORA DESAPARECE!