viernes, 23 de diciembre de 2022

FESTIVAL DE NADAL

 

22 de Decembro: Festival de Nadal,no Auditorio de Ribadumia.

Xa por fin poidemos celebralo con todos os nosos compañeiros  de Leiro, Sisán e Ribadumia.

Acudimos moi guapos,con gorro de Papá Noel, cornos de reno, traxe de Mamá Noel e moitas ganas de pasalo ben.

A mañá comezou cun contacontos organizado polo ANPA,ao que tamén asistiron os peques da Guardería de Barrantes,que bailaron ao ritmo de Mamá Cabra,a panxoliña "Na casa da miña avoa".

Divertímonos cá obra de teatro"Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis".

Trocamos as uvas por bolsas de vermiños ao toque das badaladas e merendamos ricos doces que trouxeron os rapaces de tres anos.

As actuacións das diferentes escolas,baixo a dirección da profe Olalla e a visita do Apalpador foron o broche final a esta mañá tan chea de actividades e emoción.



  
            
BEN ATENTOS AO CONTACONTOS!

VAIA SONO MÁIS PESADO TEN!
                          

POR FIN DESPERTOU!

PANXOLIÑA "CAMPANA SOBRE CAMPANA"


                                                         FELICES FESTAS A TOD@S!

No hay comentarios:

Publicar un comentario