martes, 20 de diciembre de 2022

ADORNOS E CHOCOLATADA CON ROSCÓN DE REIS

 Xa nos achegamos ao final do trimestre e, como consecuencia, ás tan ansiadas vacacións de Nadal.

Quixemos facer unha xornada un tanto especial,con manualidades para colocar na nosa árbore de Nadal  e unha merendola a base de chocolate ben quentiño, roscón de Reis para mollar e galletas de xenxibre.

Non quixemos esquecernos das avoíñas e avoíños que pasan as festas na Residencia de Ribadumia e deseñamos unhas bonitas tarxetas para desexarlles un felix Nadal.














ENCÁNTAME O ROSCÓN!
           ESTÁ DE RECHUPETE!


    QUE RICO O CHOCOLATIÑO!
CON FIELTRO VERDE E BOTÓNS,ASÍ DE BONITO QUEDOU O NOSO ABETO

CON FIELTRO ROSA E BOTÓNS, FIXEMOS UNHA CASIÑA DE NADAL





E AÍNDA TIVEMOS TEMPO DE MONTAR UN PAPÁ NOEL ASÍ DE GUAPO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario