martes, 6 de diciembre de 2022

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

 Como cada 25 de Novembro, conmemoramos o Día da eliminación da violencia contra a muller,aínda que sempre coa esperanza de non ter que facelo nunca máis, porque iso significaría que as próximas xeracións medrarán no respeto, na aceptación e nos dereitos humanos, para construir un futuro mellor para todos.

 Quixemos aportar o noso gran de area  dende o Cole e tratar de encher ese gran VACÍO emocional que se sinte ante unha situación de maltrato.: INDEFENSIÓN, BLOQUEO, PARALIZACIÓN,IMPOTENCIA,ANSIEDADE,BAIXA AUTOESTIMA.... e poder cambialo por MOREAS DE BICOS,APERTAS,SEGURIDADE,TRANQUILIDADE,LEDICIA...

Despois de mesturar a cor vermella  coa azul,obtivemos a cor morada,que se asocia á elegancia e a sensibilidade; por iso, quedou plasmada nun mural, onde a protagonista do noso conto sae tras unha porta morada, reforzada cos máis bonitos valores que van axudala a vivir feliz e segura.

TAMÉN FIXEMOS UNHA PULSEIRA CON LAZO MORADO







ARRIBA ESES GLOBOS MORADOS!
NINGÚN VACÍO MÁIS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario