domingo, 27 de mayo de 2018

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL







Un ano máis, reunímonos no Pavillón de Sisán para celebrar as xornadas de Educación Vial, coas que aprendemos bós hábitos para aplicar, tanto na estrada como nas rúas, sendo peóns ou conductores.
Contamos coa axuda da Dirección Xeral de Tráfico, quen moi amablemente, permitiunos  converternos en policías por un día, montando nas súas motos ou subindo no seu coche.



 Un ciclista profesional explicounos todos os aspectos relacionados co mundo da bicicleta e poidemos enterarnos de cousas realmente interesantes.
A mañá rematou cunha sesión de títeres de Carapuchiña e o Lobo Veloz, dándonos consellos importantes para a nosa seguridade vial.








jueves, 24 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS



Este ano, a festividade das Letras Galegas adícase a escritora María Victoria Moreno, quen escribiu obras tan fermosas como Mar adiante, O  Cataventos, Eu conto, ti cantas..., etc...
Aprendemos aspectos da súa vida e lemos alguns dos seus contos.
Decoramos un marcapáxinas coa súa caricatura e participamos no concurso de debuxo que, como todos os anos, convoca a ANPA do C.R.A. de Ribadumia.

"Un cachiño de bica" ou "O Cataventos" foron os libros que eleximos para facer os nosos debuxos.













DE EXCURSIÓN!


 Asistir a unha función teatral e visitar unha exposición no Café Moderno de Pontevedra era o plan deseñado para a nosa próxima saída, todo acompañado dun día estupendo, onde o sol lucía para facernos compañía.
 Cando chegamos, dirixímonos á Sede da Fundación, onde nos agardaba o espectáculo de monicreques, "ANTÓN COMODÓN", da compañía catalana L'Estaquirot. Trataba dun home chamado Antón, que era un auténtico folgazán e non sabía facer nada por sí mesmo; todo o día, adicábase a incordiar ao seu amigo Nicolás, quen  farto desta situación, decidiu marchar ás illas Verdes e quedarse a vivir alí.
Antón desesperado, emprende unha longa viaxe na súa procura, coñecendo a todo tipo de personaxes, dos que aprende infinidade de cousas que lle servirán para madurar e facerse autónomo e responsable.
Saímos encantados e aplaudimos moitísimo.
Merendamos e, a continuación, fumos ao Café Moderno, onde vimos unha exposición en 3D do Camiño de Santiago, cunhas gafas que facían que nos mareásemos un pouco.








Añadir leyenda


No Café Moderno, fixemos un taller de deseño, onde tivemos a ocasión de deseñar o noso propio dormitorio.

Auténticas artistas!





miércoles, 23 de mayo de 2018

AS NOSAS MASCOTAS





Despois da visita ao noso cole do Refuxio de Cambados con aqueles tres preciosos cans, quixemos facer as nosas mascotas, na clase de Plástica.

Utilizando corchos, palillos e témpera, ademais de ollos móbiles, montamos uns canciños preciosos de diferentes razas.








Só fáltalles ladrar!



miércoles, 9 de mayo de 2018

FESTA DOS MAIOS



Como manda a tradición, unha vez chegado o mes de Maio hai que recibilo cunha gran festa popular, relacionada coas primeiras flores da primavera.
Para comezar a mañá con bo ritmo, nada mellor que un taller de percusión da man de Matrácala, onde con materiais de refugallo, poidemos demostrar as  nosas dotes musicais.
Foi do máis divertido!










  
Para vestir o Maio, necesitamos enfiar motísimas flores para facer unhas longas cadenetas.




Posando coa nosa coroa de primavera para cantarlle ao Maio.

Un precioso Maio!

....e todos a cantar!