viernes, 21 de diciembre de 2018

PREPARANDO O NADAL...







Xa chega o Nadal, polo que é necesario poñerse mans á obra e decorar a nosa aula e participar na elaboración do abeto que adornará a biblioteca. Así que ...bola adornada, bola colocada, ata que a árbore estea chea e luza ben bonita nestas festas.





Espumillón, bolas e estrelas colgan do noso abeto para recibir o Nadal.




Na clase de Manualidades tamén fixemos unha bonita bola de neve, coa nosa foto dentro.
Quedou preciosa!







 E como non podíamos esquecer a Papá Noel, convertémonos nuns simpáticos elfos, para axudarlle no reparto de agasallos.

Estes elfos desexan a todos felices festas!

A princesa Gira





 Na clase de teatro, estamos a ensaiar a obra que imos representar no festival de Nadal, no Auditorio.
Estamos moi nerviosos, pero esperamos non equivocarnos, nin esquecernos do papel.
A raíña




 Aquí, probando os traxes e a posta en escea...
A familia real

O cabaleiro danés
O emperador do Xapón


O duque de Sicilia

sábado, 15 de diciembre de 2018

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL



Un ano máis, participamos no concurso de postais de Nadal, que organiza o Concello de Ribadumia.
E dende a estrela de Oriente, ata Papá Noel, pasando polos Reis ou a árbore de Nadal, os artistas de Lois  plasmaron as súas dotes artísticas do seguinte xeito.



ESTRELA DE ORIENTE

OS TRES REIS MAGOS

O REI MAGO

OS TRES REIS

UN BONECO DE NEVE

UN BONITO ABETO

UN ELFO RODEADO DE AGASALLOS

PAPÁ NOEL

ÁRBORES DE NADAL

OS TRES MAGOS

UN REI MAGO

UN BONECO DE NEVE

OS TRES REIS MAGOS

LUCES, CÁMARA....ACCIÓN! OS SETE CABRITIÑOS

Érase unha vez mamá cabra cos seus sete cabritiños.Unha mañá, na que tivo que saír ao mercado,avisoulles de que non abriran a porta a ninguén, xa que un lobo andaba a merodear polo bosque, perto das casas.

En canto quedaron sós, o lobo que estaba vixiando,acercouse á casa e chamou á porta, dicindo coa súa voz ronca, que era a mamá. O cabritiño máis pequeno dixo que a súa nai tiña unha voz moi fina e que él era o lobo.
O lobo, enfadado, foi á tenda para mercar ovos e aclarar a voz.

Despois de tomar unha ducia, voltou á casa.


Pero os cabritiños, desconfiados, pidéronlle que metese a patiña por debaixo da porta e ao ver que era negra, déronse conta de que o lobo pretendía engañalos outra vez.
Acercouse a unha tenda para mercar fariña e botarlla nas patas para que se parecesen ás da mamá cabra.





Esta vez sí que o creeron, abríronlle a porta e......

...ainda que intentaron esconderse por toda a casa, papounos a todos, menos a un. O máis pequeno agachouse na caixa do reloxio  e así salvouse das garras do maldito lobo.
Cando a nai chegou a casa, quedou abraiada...
...ata que o cabritiño contoulle todo o que pasara.



Idearon un plan: abriríanlle a barriga ao lobo para salvar aos filliños, encheríano de pedras e voltaría a coselo.

Un a un foron saíndo, moi asustados, pero contentos de verse libres.
Cando o lobo despertou, tiña moita sede, así que foi ao río.
Coa barriga tan pesada, non puido manterse de pé e caeu,
desaparecendo para sempre,



Os sete cabritiños coa súa nai,cantaron moi contentos, ao verse libres daquel terrible lobo.

E COLORÍN, COLORETE....

...POLA CHEMINEA, ESCAPOU UN FOGUETE.

PARABÉNS, LUCÍA, LEO E DAVID!

Parabéns para os nosos tres cumpleañeros e a disfrutar dos cinco anos recén cumplidiños!