viernes, 21 de diciembre de 2018

PREPARANDO O NADAL...







Xa chega o Nadal, polo que é necesario poñerse mans á obra e decorar a nosa aula e participar na elaboración do abeto que adornará a biblioteca. Así que ...bola adornada, bola colocada, ata que a árbore estea chea e luza ben bonita nestas festas.





Espumillón, bolas e estrelas colgan do noso abeto para recibir o Nadal.




Na clase de Manualidades tamén fixemos unha bonita bola de neve, coa nosa foto dentro.
Quedou preciosa!







 E como non podíamos esquecer a Papá Noel, convertémonos nuns simpáticos elfos, para axudarlle no reparto de agasallos.

Estes elfos desexan a todos felices festas!

A princesa Gira





 Na clase de teatro, estamos a ensaiar a obra que imos representar no festival de Nadal, no Auditorio.
Estamos moi nerviosos, pero esperamos non equivocarnos, nin esquecernos do papel.
A raíña




 Aquí, probando os traxes e a posta en escea...
A familia real

O cabaleiro danés
O emperador do Xapón


O duque de Sicilia

No hay comentarios:

Publicar un comentario