O lobo, enfadado, foi á tenda para mercar ovos e aclarar a voz. |
Despois de tomar unha ducia, voltou á casa. |
Pero os cabritiños, desconfiados, pidéronlle que metese a patiña por debaixo da porta e ao ver que era negra, déronse conta de que o lobo pretendía engañalos outra vez. |
Acercouse a unha tenda para mercar fariña e botarlla nas patas para que se parecesen ás da mamá cabra. |
Esta vez sí que o creeron, abríronlle a porta e...... |
...ainda que intentaron esconderse por toda a casa, papounos a todos, menos a un. O máis pequeno agachouse na caixa do reloxio e así salvouse das garras do maldito lobo. |
Cando a nai chegou a casa, quedou abraiada... |
...ata que o cabritiño contoulle todo o que pasara. |
Idearon un plan: abriríanlle a barriga ao lobo para salvar aos filliños, encheríano de pedras e voltaría a coselo. |
Un a un foron saíndo, moi asustados, pero contentos de verse libres. |
Cando o lobo despertou, tiña moita sede, así que foi ao río. |
Coa barriga tan pesada, non puido manterse de pé e caeu, desaparecendo para sempre, |
Os sete cabritiños coa súa nai,cantaron moi contentos, ao verse libres daquel terrible lobo. |
E COLORÍN, COLORETE.... |
...POLA CHEMINEA, ESCAPOU UN FOGUETE. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario