martes, 29 de marzo de 2022

DESFILE DE ELEFANTES

 


Na cidade india de Jaipur, o Festival dos elefantes é un dos acontecementos máis importantes do ano.

A principal atracción é o desfile polas rúas da cidade; os elefantes visten de gala, con grandes teas bordadas a man, pinturas de cores,flores,e xoias.

Hai un concurso onde se premia ao animal mellor engalanado. Os seus xinetes tamén van moi elegantes.

Na clase de Plástica, quixemos facer o noso propio desfile e así de bonitos quedaron os nosos elefantes.










DESEÑO SOBRE CARTÓN E PINTURA AZUL

PINTURA DORADA E LILA PARA OS ADORNOS

PINZAS DE MADEIRA COMO PATAS
                                               E XINETES FEITOS CON PINZA, PLASTILINA E                                                                                   LIMPIAPIPAS


GRAN DESFILE DE ELEFANTES

 Tamén, para facer honra ao País das Mil Cores, utilizamos unha variada paleta de cor para a vestimenta da parella india.





























sábado, 26 de marzo de 2022

ESPECIAS

 


Na viaxe pola India, non podemos esquecer as especias, elemento da gastronomía india, que realza o sabor dos seus platos.

Os nosos sentidos quedaron fascinados polo colorido, sabor e olor destes condimentos,que poden converter un plato sinxelo nun arco iris de sabor.




AZAFRÁN,CÚRCUMA,CANELA,COMINO,PIMENTÓN,ALLO,ESTRAGÓN,ENELDO,NOZ MOSCADA,ORÉGANO,RAS-EL.HANOUT,XENXIBRE,PEREXIL,ROMERO















EXPERIMENTAMOS DIFERENTES SABORES
EXPERIMENTAMOS DIFERENTES OLORES


EXPERIMENTAMOS DIFERENTES TEXTURAS




























COIDAMOS OS NOSOS DENTES

 


Na nosa clase en Leiro, tivemos a visita de Maruxa, unha hixienista dental que veu informarnos de todo o que temos que facer para poder presumir dunha dentadura perfecta.

Aprendemos a cepillar correctamente a boca, utilizando un molde de dentista.

.






Falounos daqueles alimentos que debemos evitar, porque estropean os nosos dentes: 
caramelos,refrescos, doces...

Non só hai que cepillar os dentes, tamén a lingua!


O mestre dos dentes, o Ratiño Pérez, só escolle aqueles que están brancos e moi limpos.
Debemos visitar ao dentista cada seis meses para unha revisión


PARTES DA BOCA

Para rematar, un agasallo con merenda saudable, cepillo de dentes,consellos para unha correcta hixiene e suxerencias de alimentos que protexen a nosa dentadura.
 MOITAS GRAZAS, MARUXA!












viernes, 25 de marzo de 2022

INDIA

 

Seguimos coa nosa viaxe polo mundo e agora tócanos mudar de continente: voamos ata a India!

Cos nosos pasaportes preparados, poñemos a vestimenta axeitada para viaxar ao país das Mil Cores.





FOTO ANTES DE SUBIR AO AVIÓN











ENTREGA DE PASAPORTES


TODO EN ORDEN

SOBREVOANDO A INDIA!



CHEGADA AO AEROPORTO E BAILE DE  BENVIDA















ARRIBA O TELÓN! O REINO DAS CORES




Érase unha vez, hai moitos anos, no Reino das Cores, vivían uns heroes, todos valientes e osados,e moi orgullosos da súa cor.



SOMOS OS SUPER HEROES!


O heroe vermello decía , moi satisfeito, que a súa cor era a máis bonita, xa que as mazás e os amorodos amosaban esta cor.
O heroe verde non estaba de acordo, porque as verduras e os campos eran verdes.
O heroe azul replicou, xa que non había nada máis fermoso que o mar e o ceo, que por suposto, eran azuis.




O heroe amarelo botou a rir, dicindo que todo que escoitaba eran tonterías,pois  non había nada máis importante que o Sol para a nosa vida e este era de cor amarelo.





E así pasaban os días, discutindo e pelexando porque todos se creían o mellor e só veían defectos nos demáis.



Pero un día, a Raíña Branca chamounos e díxolles:
Xa empezo a estar moi farta das vosas discusións!
Eu, como a vosa Raíña, vos ordeno que en adiante,vaiades sempre xuntos e non pelexedes polas vosas diferenzas.
Todos somos diferentes, pero...
qué aburrido se todo fora igual!
Mirade.: a miña filla pronto vai casar e quero decorar a porta do meu pazo co adorno máis bonito que ninguén vira xamás.
Déixoo nas vosas mans, super heroes!





Os heroes, moi arrepentidos,reuníronse para deseñar un plan e conseguir que a súa Raíña estivese orgullosa deles. E pensaron que non habería adorno mellor que a unión de todas as súas cores.

E así foi:  cores diferentes e fermosos todos xuntos: 
un raio de sol,unha chama de lume, un anaco de ceo e un retazo de bosque







A Raíña acompañou a súa filla, a Princesa de Cores e quedaron totalmente abraiadas ante aquel bonito espectáculo.
Por fin, aqueles heroes comprenderan que todos eran importantes, pero que unidos,  aínda o eran máis.



 

COLORÍN, COLORETE, POLA CHEMINEA ESCAPOU UN FOGUETE!


















lunes, 21 de marzo de 2022

21 DE MARZO,DÍA DA POESÍA



Para celebrar o Día da Poesía, que mellor que facelo recitando un poema sobre a estación que acaba de comezar,

DISFRÚTENLA!






 

miércoles, 16 de marzo de 2022

PLAN PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN

  


Hoxe recibimos a visita duns científicos que sabían motísimo do mundo mariño  e poidemos aprender moitas cousas sobre os diferentes peixes e moluscos que habitan o mar, a través de imaxes.



Poidemos ver os anzós para pescar con cana.



Explicaron as diferenzas entre as conservas en lata ou en frasco de cristal.


Diferentes xeitos de pescar: con cana ou rede
Para rematar a sesión, prepararon uns ricos bocatas de sardiñas en lata con queixo, tomate e leituga.


 E ademáis, deixáronnos un estupendo portabocatas e receitas para unha merenda saudable.

                                                      MOITAS GRAZAS!

jueves, 10 de marzo de 2022

AMELIA EARHART E GERTRUDE BELL


Na clase de hoxe, coñecemos a dúas importantes mulleres relacionadas co mundo das viaxes.

AMELIA EARHART,AVIADORA ESTADOUNIDENSE,FAMOSA POR INTENTAR A PRIMEIRA VIAXE AÉREA ARREDOR DO MUNDO

GERTRUDE BELL,COÑECIDA COMO A RAÍÑA DO DESERTO.
ESCRITORA,VIAXEIRA E ARQUEÓLOGA; VIAXABA POLO DESERTO CON VARIOS BAÚLES CHEOS DE ROUPA,UNHA VAIXELA DE PORCELANA E UNHA BAÑEIRA PORTÁTIL.

LAPBOOK CON ESTAS GRANDES MULLERES