martes, 8 de marzo de 2022

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

 


Martes, oito de marzo: Día da Muller.

Unha data moi importante  da que falamos e celebramos na clase.

Con un exemplo tan sinxelo como un reparto nada equitativo de caramelos ( dous para os nenos e só un para as nenas) poideron entender que a desigualdade non é algo que debemos aceptar, xa que nada nos diferencia e comprobamos , observando a unha compañeira e a un compañeiro, que somos iguais e somos capaces de facer as mesmas cousas, tanto si somos rapazas ou rapaces.

As nenas dixeron que elas tamén querían dous caramelos,porque a elas tamén lles gustaban os doces; polo tanto, a asamblea rematou co reparto equitativo e ...todos tan contentos!


Quixemos amosar diversos rostros de mulleres de diferentes idades, razas, famosas ou non tan coñecidas, pero todas ÚNICAS ,IMPORTANTES E MARAVILLOSAS.

O resultado? Un gran mural cheo de mulleres esperanzadas ,que confían nun gran progreso onde a igualdade sexa unha realidade.

FELIZ DÍA A TODAS!








No hay comentarios:

Publicar un comentario