domingo, 29 de mayo de 2022

XUNTANZA EN SISÁN

 

Por fin chegou o intre tan ansiado de voltar a xuntarnos cós compañeiros das outras escolas ,co motivo da visita de GOTAS, unha asociación pola diversidade social,con sede en Ribadumia.

Viñeron falar da familia, xa que o quince de maio celébrase o Día Internacional da Familia.

Pero non hai un só tipo de familia e no conto que nos deixaron como agasallo, ven moi ben explicado cos amigos de Jaime: Catalina ten dous pais, Olivia ten dúas nais e Julia ten ademáis o seu maiordomo particular!

O verdadeiramente importante é que todos estes nenos son moi felices dentro da súa familia, xa que síntense queridos e mimados, con independencia de como estea formada.

A nosa querida ANPA tamén agasallounos con contos desta temática familiar; moitas grazas!

Así como toda familia necesita unha casa para vivir, os nosos libros tamén precisan dunha casiña -biblioteca, que estea sempre ao alcance dos nenos. E precisamente iso foi o que fixeron na Asociación GOTAS: unha casiña de madeira con moitas cores.

                  MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA E POLOS AGASALLOS!






Tamén tivemos tempo para a actividade deportiva , no Pavillón de Sisán.



REPOÑENDO FORZAS COA MERENDA

XOGAMOS NO PATIO DE SISÁN


A segunda parte da mañá,adicouse á percusión da man de MATRÁCALA, onde poidemos crear percusión con materiais de refugallo.


TAMBORES CON LATAS DE PINTURA
BOTELLAS DE PLÁSTICO COMO GÚIROS

COMPROBAMOS QUE CÓS GLOBOS 
TAMÉN PODEMOS FACER SONS

FOI MOI DIVERTIDO!









VAIA MAÑÁ TAN INTENSA!















PREPARANDO A VISITA A CORTEGADA COA NOSA TRIPULACIÓN!

 


O Xoves, 26, faremos a excursión á illa de Cortegada e para ir ambientando o tema, a profe Rebeca propuxo unha serie de retos que tiñamos que conseguir para axudar á pirata Cortegadilla, na busca da súa tripulación.

Moi emocionados, metémonos no papel de piratas co noso parche e o gorro e... todos aos barcos, cara á illa de Cortegadaaaa!

ADIANTE, TRIPULACIÓN!
ESTADES PREPARADOS,GRUMETES?




NON PODEMOS ZARPAR SEN PREPARARNOS CO "BAILE DO PIRATA"




A NAVEGAR!



Diferentes adiviñas temos que acertar e unhas cantas probas debemos salvar.

POLO TOBOGÁN TRES VECES DEBES BAIXAR!
 

PISTA ATOPADA!

QUE COUSA, COUSA É ONDE LIBROS PODES LER?




ADIVIÑA POLO TACTO QUE COUSA HAI NA BOLSA!



TEN PORTA E VENTÁS E NELA DEBEMOS ENTRAR
OUTRA PISTA ATOPADA!
DERRADEIRA PISTA!
ABRAZO GRUPAL A UN SER VIVO QUE NOS DA SOMBRA E FROITA







A TRIPULACIÓN AO COMPLETO TEN QUE MONTARSE NO COLUMPIO!






                                   MISIÓN CUMPLIDA, PIRATA CORTEGADILLA!

martes, 17 de mayo de 2022

VOANDO ATA NUEVA YORK! ANDY WARHOL E O POP ART




 Na nosa volta ao mundo, voamos cara ao continente americano, para visitar "A GRAN MAZÁ", a famosa cidade de Nueva York.









BANDEIRA DE ESTADOS UNIDOS












ESTATUA DA LIBERDADE


















                                                                                                                                                                                               



Central Park, a Estatua da Liberdade, os grandes rañaceos, a  Ponte de Brooklyn (unha das pontes colgantes máis grandes do mundo) son algúns dos lugares máis emblemáticos desta gran cidade.









ANDY WARHOL, ARTISTA ESTADOUNIDENSE, REPRESENTANTE DO MOVEMENTO 
"POP ART"













                                                                     POP ART


                                          MOMA, MUSEO DE ARTE MODERNO, ONDE PODE CONTEMPLARSE A OBRA DE ANDY WARHOL
.















jueves, 12 de mayo de 2022

SAYONARA,JAPÓN!






Despedímonos da Terra do Sol Nacente: Xapón, co seu círculo vermello na bandeira que representa o Sol.

Ten moitos e bonitos xardíns e as cerdeiras cúbrense de fermosas flores chamadas sakura,para anunciar o fin do inverno.


Yayoy Kusama é unha famosa artista xaponesa, que ten como marca personal do seu traballo os lunares; cubre pisos, paredes, corpos...con campos de lunares.



YAYOI KUSAMA


Así que nós tamén quixemos converternos en artistas e montamos un gran mural ao estilo "yayoi", con moitísimos lunares.
COLOCANDO AS LETRAS...

CANTIDADE DE LUNARES!






FORMANDO O NOME DE YAYOY KUSAMA

XA VAI TOMANDO FORMA!




RESULTADO FINAL






ATA SEMPRE, CHINA!

 







Despois do noso paso por China, imos encantados de coñecer a súa cultura: os osos panda que se entregan como agasallo ás persoas moi importantes, como reis ou presidentes;
as vivendas chamadas pagodas; a Cidade Prohibida, onde vive o emperador; a Gran Muralla China; a súa fantástica comida; os dragóns e inventos coma o xeado ou os papaventos.





OS BONITOS KIMONOS

DE VARIADAS CORES

FAROLILLOS CHINOS