domingo, 29 de mayo de 2022

XUNTANZA EN SISÁN

 

Por fin chegou o intre tan ansiado de voltar a xuntarnos cós compañeiros das outras escolas ,co motivo da visita de GOTAS, unha asociación pola diversidade social,con sede en Ribadumia.

Viñeron falar da familia, xa que o quince de maio celébrase o Día Internacional da Familia.

Pero non hai un só tipo de familia e no conto que nos deixaron como agasallo, ven moi ben explicado cos amigos de Jaime: Catalina ten dous pais, Olivia ten dúas nais e Julia ten ademáis o seu maiordomo particular!

O verdadeiramente importante é que todos estes nenos son moi felices dentro da súa familia, xa que síntense queridos e mimados, con independencia de como estea formada.

A nosa querida ANPA tamén agasallounos con contos desta temática familiar; moitas grazas!

Así como toda familia necesita unha casa para vivir, os nosos libros tamén precisan dunha casiña -biblioteca, que estea sempre ao alcance dos nenos. E precisamente iso foi o que fixeron na Asociación GOTAS: unha casiña de madeira con moitas cores.

                  MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA E POLOS AGASALLOS!






Tamén tivemos tempo para a actividade deportiva , no Pavillón de Sisán.



REPOÑENDO FORZAS COA MERENDA

XOGAMOS NO PATIO DE SISÁN


A segunda parte da mañá,adicouse á percusión da man de MATRÁCALA, onde poidemos crear percusión con materiais de refugallo.


TAMBORES CON LATAS DE PINTURA
BOTELLAS DE PLÁSTICO COMO GÚIROS

COMPROBAMOS QUE CÓS GLOBOS 
TAMÉN PODEMOS FACER SONS

FOI MOI DIVERTIDO!









VAIA MAÑÁ TAN INTENSA!















No hay comentarios:

Publicar un comentario