miércoles, 13 de marzo de 2019

FERNANDO BOTERO







Antes de comezar co calendario adicado ao pintor Fernando Botero, leímos o conto "El sueño de Fernando Botero", un libro gordo, onde todo o que alí pasa é moi, pero que moi gordo

domingo, 10 de marzo de 2019

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Aínda que o día da muller é todos os días, hoxe quixemos darlle unha sorpresa as nosas queridas mulleres traballadoras, que día tras día, dánnos todo o seu cariño e coidan de nós, para que poidamos medrar sans e felices .
Con todo o noso amor, no taller de manualidades, fixemos un bonito tulipán vermello  que simboliza o amor verdadeiro






GRAZAS POR COIDARNOS E ESTAR SEMPRE CANDO VOS NECESITAMOS!

24 DE FEBRERO:DÍA DE ROSALÍA


Para celebrar o Día de Rosalía, escollemos dúas poesías dos seus libros Cantares Gallegos e Follas Novas: "Eu ben vir estar o moucho" e "A miña casiña, o meu lar"



"Eu ben vin estar ó moucho
enriba daquel penedo;
¡non che teño medo moucho,
moucho non che teño medo!


Corro á enriba do valado,
brinco en baixo dó portelo.
e den alí, berro entonces
con cantas forzas eu teño.

"Miña casiña, meu lar,
¡cántas onciñas
de ouro me vals!"

"Meu lar, meu fogar;
¡cántas onciñas
de ouro me vals!"

BENVIDOS AO ENTROIDO, AVOÍÑOS!

  



No noso particular festival de Entroido, celebrado no Auditorio de Ribadumia, quixemos que tamén participasen os nosos "avoíños" da Residencia.
Con moitas ganas de divertirse, acudiron disfrazados coas súas orellas de gato,de can,  de rato ou mesmo de ogro Shrek.
Disfrutaron moito coa actuación do mago Paco e coa merenda a base de doces típicos de entroido, coa que nos deleitaron as familias.

MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR ESTES INTRES CON NÓS!








E POR FIN.......CHEGOU O ENTROIDO!


Por fin chegou o tan esperado Entroido e aquí estamos dispostos a disfrutalo tan intensamente como poidamos.


E o luns puxemos algo na cabeza, para que non nos dea pereza.
                         O martes, a cara pintada, para que non nos doa nada.
















O mércores, unhas gafas para celebrar estas datas.

Gafas de todas as formas e cores.

E como non, co sorriso incluido!

Ata nos visitou a Patrulla Canina!

E tamén veu o mago Harry Potter!

E o xoves viñemos cunha capa para que non nos falte de nada!

E por fin, chegou o gran día: o venres do festival,onde o Gran Circo de Ribadumia ía desfilar cos seus bonitos disfraces
OS FORZUDOS DE LOIS, capaces de levantar 200 kilos de peso!.

E para presentar os números circenses...
AS MESTRAS DE CEREMONIAS DE LOIS!
E como non podía faltar a maxia, o mago PACO fixo as delicias dos peques cos seus trucos super divertidos.



O tempo permitiunos desfilar pola rúa, presentando os nosos números ante a mirada atenta de pais, avós, veciños e todos aqueles que se achegaron ata o Auditorio de Ribadumia.

MOITAS GRAZAS A TODOS!