jueves, 2 de junio de 2022

EXCURSIÓN A CORTEGADA

 


Tras cancelar a excursión na data prevista ,debido ao mal tempo, por fin poidemos embarcar cara a Cortegada o xoves,26.

O autobús levounos ata Carril, onde unha vez preparados cos chalecos salvavidas,subimos ao barco para chegar á illa.


FOTO DE GRUPO

                                                 XA ESTAMOS A BORDO!

No barco,íamos entusiasmados; unha mágoa que a viaxe fose tan curta...



FOTO NO CRUCEIRO, AO CHEGAR Á ILLA


  




O noso monitor, Luis era moi simpático e explicounos cousas moi interesantes sobre a fauna e a flora da illa.
Tamén contou que  a princios do século XX, Cortegada foi expropiada dos seus 211 inquilinos para construir unha residencia de verán para ofrecerlla como agasallo ao rei AlfonsoXIII, quen visitou a illa só unha vez, xa que elixiu Santander para instalar alí o seu pazo de verán, o Pazo da Magdalena.



ATENTOS Á EXPLICACIÓN SOBRE OS ANIMAIS QUE VIVEN NA ILLA





PERCORRIDO A PASO LIXEIRO, OBSERVANDO O ENORME BOSQUE DE LOUREIRO, O MÁIS GRANDE DE EUROPA

RESTOS DE CASAS DE PEDRA

DESPEDÍMONOS DE LUIS, ATA A PRÓXIMA VISITA.
ATA LOGO, CORTEGADA!


No hay comentarios:

Publicar un comentario