viernes, 29 de abril de 2022

OS MAIOS

 


Hoxe tocou día de festa no Cole: celebramos os Maios.

Para vestir o noso maio, trouxemos fiuncho, xesta, flores, laranxas, cáscaras de ovo...

Cos pampullos, fixemos colares e coroas,que tamén usamos para poñernos moi guapos e bailar arredor do maio.


Despois de tanto traballo, era necesario repoñer forzas cun rico biscoito de laranxa.











E xa no patio, de súpeto, escoitamos o son dunha gaita,acompañada dun bombo e un tambor...




A FESTA ÍA COMEZAR!



E AO SON DA MÚSICA, TODOS A BAILAR!
E POR QUÉ NON TAMÉN A TOCAR?



                                               













FELIZ DÍA DOS MAIOS!

































No hay comentarios:

Publicar un comentario