martes, 1 de noviembre de 2022

FESTA DE SAMAÍN

 


Por fin chegou a tan ansiada festa de Samaín e aquí estamos todos disfrazados de esqueletos, como Anacleto.

















Para comezar a mañá, recibimos a visita dalgúns compoñentes da Escola de Música de Ribadumia. Poidemos coñecer diferentes instrumentos de vento, como o bombardino, o clarinete, a trompeta ou a tuba. Escoitamos pequenos fragmentos de obras coñecidas e invitáronnos a probalos, pero non todos se atreveron.







Graza a ANPA, poidemos pasalo de medo coa decoración que dispuxeron polo exterior do Cole e así o conta contos tivo moito máis encanto.


Un circuito terrorífico e a decoración dunha Catrina foron as seguintes actividades previas á merenda.



TUMBAS POR AQUÍ,TUMBAS POR ALÁ!

COIDADO COA BRUXA!

TERRORÍFICAS CABAZAS!
EQUIPO DE ESQUELETOS


















Chega o momento de recargar pilas coa merenda e algo de xogo no patio.





Debido a choiva, fixemos unha improvisación de Carreira Solidaria dentro do Local Social, a xeito de roda con ritmo de Samaín e para rematar, o teatro "La Ensalada de la Bruja" e o baile dos esqueletos, a cargo da profe Olalla e todo o alumnado do CRA.
A exposición de cabazas foi aterradora e marchamos a casa co noso cestiño de castañas asadas e unha sensación de diversión ben merecida.


















                     










     FELIZ E TERRORÍFICO SAMAÍN PARA TODOS!




No hay comentarios:

Publicar un comentario