jueves, 23 de febrero de 2023

EXCURSIÓN AO GROVE

 


 Hoxe montamos no autobús rumbo  a O Grove,a través do programa creado pola Consellería do Mar,"Ti si que es un bo peixe". Con el preténdese promover os produtos do mar e o seu consumo entre os rapaces da nosa comunidade.

Coa visita ao porto,comezou a mañá,onde poidemos coñecer diferentes tipos de redes,o xeito de utilizalas e o que se pode pescar con cada unha delas,todo explicado dun xeito moi ameno por Aris,o noso monitor.







 A lonxa foi o noso seguinte destino.Alí,aprendemos como se fai unha subasta e poidemos ver unha gran centola!


MENUDA CANTIDADE DE XEO!

PEIXE PREPARADO PARA A SUBASTA


MIRANDO O TAMAÑO MÍNIMO LEGAL

QUE SACARÁ?

VAIA CENTOLO!



                                                                                                                                             



QUE PINZAS!



O mercado foi o punto final da nosa visita. Alí,vimos polbos,merluza,ollomol...
Á saída,déronnos un agasaio que recibimos moi gustosamente.


                            

MOITAS GRAZAS POLO AGASAIO!

Para repoñer forzas,nada meior que unha rica merenda mariñeira,a base de croquetas de peixe ,pizza de atún e un iogur .



BO PROVEITO!



No hay comentarios:

Publicar un comentario