lunes, 6 de noviembre de 2017

DE VIAXE POLO FONDO MARIÑO

Hoxe navegamos mar adentro, para coñecer algúns dos animais que alí viven, como a tartaruga laúd, que só se alimenta de medusas.As bolsas de plástico que flotan na auga parécense moito ás medusas; así que a tartaruga as traga e afoga.

Nas profundidades, nadan tamén peixes con enormes mandíbulas cheas de dentes afiados.
Neste mundo negro e frío, sin luz, non é posible que haxa plantas; así que todos os peixes son carnívoros.


Vimos que o polbo ten oito tentáculos con ventosas, unha boca en forma de pico, dous ollos grandes parecidos aos nosos e un corpo musculoso.

Captura as súas presas cos tentáculos e lévaos á boca.
Como é moi flexible, métese entre as rochas.

Aprendemos que o tiburón nada moi deprisa, así que é moi difícil escapar del.
O tiburón blanco é o máis perigoso de todos.

Gustáronnos moito os golfiños que falan entre eles, con sons moi agudos, que non podemos escoitar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario