Grazas ao Programa Plan Proxecta Aliméntate ben, poidemos facer unha saída moi interesante, totalmente novedosa para algúns de nós.Dirixímonos a Cambados en autobús, onde nos agardaba Victoria, unha mariscadora moi agradable, que nos explicou aspectos importantes desta actividade milenaria.
Contounos que o marisqueo a pé e a venta de peixe son tarefas realizadas , case sempre, por mulleres.
Ademais, fan outras labores como a limpeza de praias, o cultivo da semente de molusco e a vixiancia.
Coñecemos as ferramentas empregadas polas mariscadoras, no seu traballo:sacho, rastrelo, fouza, fisga..Explicounos as diferentes especies de marisco que collen:ameixa fina, babosa, xaponesa,, berberecho, caramuxo, ostra, navalla, vieira, longueirón, volandeira...
 |
Ao fondo, a Torre de San Sadurniño |
 |
Dirixíndonos á praia... |
 |
Fixemos de mariscadoras por un día e pasámolo moi ben, co noso rastrelo e porque podiamos meternos na auga coas botas, SIN QUE NINGUÉN NOS BERRASE! |
 |
A ver quen é capaz de coller máis ameixas! |
 |
VICTORIA, dando unha explicación |
 |
Antes de visitar a lonxa, convidáronnos a unha merenda mariñeira. |
 |
Comemos empanada de polbo... |
 |
...hamburguesa de choco... |
 |
...que estaba tan boa, que houbo algún neno que se atreveu coa segunda!
E de postre, un iogur de vainilla. Quedamos fartos e todo estaba exquisito.
MOITAS GRAZAS, MARISCADORAS DE CAMBADOS POR ESTA MAÑÁ TAN ESTUPENDA! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario