sábado, 29 de abril de 2023

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

 


A excursión programada para este mes lévanos a Pontevedra,para disfrutar dunha comedia titulada "FEO", a cargo da compañía Caramuxo Teatro e dunha visita ao Café Moderno.

O espectáculo está inspirado no conto de Andersen," O Parrulo Feo" e conta a historia dunha pequena fábrica que produce todos os días centos e centos de parrulos de goma do mesmo tamaño e cor,ata que un día sae un  diferente...

Fíxonos rir moito,pasando un rato ben divertido.



Xa era a hora da merenda e tomamos o noso bocata  alí mesmo,na Sede da Fundación.


AO RICO BOCATA!

Despois de merendar,apetecíanos xogar un pouquiño,así que achegámonos á Praza da Liberdade.


A CORRER!

VEÑA,QUE TE PILLO!











                                                                                      

   
Xa no Café Moderno,contáronnos a historia deste bonito edificio,onde se reunían importantes escritores,como Castelao ou Cabanillas




Estivemos nunha sala cuns teitos altísimos.

Saímos ao xardín,onde había unhas palmeiras enormes e una gran estatua de Castelao.


ANTE A ESTATUA DE CASTELAO

NA SALA DE PINTURA

ESCOITANDO CON ATENCIÓN AS INDICACIÓNS PARA COMEZAR A PINTAR.


   

No hay comentarios:

Publicar un comentario