Hoxe recibimos unha visita sorpresa que nos entusiasmou: Martina e Jesús viñeron de Zaragoza a pasar uns días a súa casa de Lois e quixeron ver aos seus compañeiros de cole do ano pasado.
Menudas apertas e bicos a montóns cando entraron na aula!
Fíxonos tanta ilusión que invitámolos a quedarse o resto da mañá con nós para xogar no patio e que nos contasen como era o seu novo cole, os nomes dos seus amigos,cómo é Zaragoza...
Dixéronnos que estaban moi contentos alá, pero que tamén botaban de menos o cole de Lois e a todos nós.
Antes de marchar, fixemos unha foto todos xuntos para recordar este bonito momento.
Moitos bicos e non vos esquecedes de voltar a vernos polo Nadal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario