martes, 15 de octubre de 2019

FROITOS DE OUTONO

   

Chegado o outono, non poderíamos deixar pasar a ocasión de degustar unha gran variedade de froitos secos, que nos ofrece esta estación.
 Así que cambiamos a nosa merenda habitual por unha composta por froitos secos e carnosos, ademáis dunhas riquísimas madalenas de cabaza que nos deixaron un regusto moi doce nos nosos paladares.

E para que tamén poidamos degustalas na casa, escribimos a receita para poder elaboralas.

Comimos anacardos que teñen moitas proteínas e hidratos de carbono.Están boísimos!
 Os cacahuetes, aínda que en realidade non son froitos secos, senón legumes,tamén aportan moitos beneficios para a saúde.
As abelás poden consumirse frescas, torradas, salgadas, en ensaladas e aperitivos.
Tamén comimos pistachos, alimento con moita fibra.
As uvas son unha importante fonte de vitaminas.
A granada (non demasiado coñecida entre os nenos) é un froito con importantes propiedades curativas.
As mandarinas e as mazás tamén estaban presentes na merenda, a primeira perfecta para previr catarros e infeccións e a segunda debe estar presente en calquera dieta saudable.


RECEITA DE MADALENAS DE CABAZA










EXQUISITA MERENDA!



E SEGUIMOS PROBANDO...




No hay comentarios:

Publicar un comentario