miércoles, 1 de noviembre de 2023

FESTA SAMAÍN

     



Chegou o día máis terrorífico do ano e acudimos a Leiro,para desfrutar dunha mañá de aquelarre con bruxos e bruxas chegados dende todos os rincóns do planeta.

Viñan acompañados de cabazas monstrosas e variñas máxicas.


Os morcegos voaban polas paredes...
... e polas ventás asomaban mans!


Cabazas horripilantes!



Que mellor xeito de comezar a xornada que cunha carreira solidaria contra a leucemia infantil!

Unha vez rematada,tocaba deleitar aos oídos coa música interpretada polo grupo da Escola de Música de Ribadumia.


A soplar ben forte!

Probando o instrumento


"O Paseo do Terror" a cargo da ANPA  fíxonos tremer de medo,así como tamén a bruxa Sofronisa, na súa aventura con Daniela Piratal








Xa chegaba a hora da merenda para probar os deliciosos postres preparados polas familias e aproveitar o sol no patio.




Escandalosamente rico!

Boísimo!
















l





"Contos,cantos,poemas e xogos",o Contacontos agasaio da ANPA,levounos a paraxes de medo,a través de contos populares.

As bruxas e bruxos bailaron e cantaron,baixo a dirección da profe Olalla .


.



A hora de rematar chegou e despedimos o Samaín,recollendo o bolsiño de castañas,que tan atentamente asaron o grupo de pais.



                                FELIZ SAMAÍN 2023!






















                      













No hay comentarios:

Publicar un comentario