Voltamos un ano máis con moitísimas ganas de facer teatro e para ir quentando motores, comezamos cun xogo de grupo relacionado co maravilloso mundo do circo, no que ao mesmo tempo, exercitabamos a nosa atención.
Despois de poñernos cada un o noso sombreiro elexido, camiñabamos pola aula ao son da música. Cando deixase de soar, a profe metía a un neno ou nena dentro da carpa do circo, mentres que os demais tiñamos os ollos pechados.
A profe Olalla era a encargada de vixiar que ninguén fisexe trampa e mirase polo rabillo do ollo.
Quén está escondido na carpa do circo?
Tiñamos que mirar ben uns para outros para saber quen era o que faltaba e o primeiro que o adiviñase sería o gañador.

Divertímonos moito!
Camiñamos ao son da música co noso sombreiro favorito: policía, pirata, bombeiro, vaquero...
 |
Aplausos para o gañador! |
 |
Ollos ben pechadossssss! |