Para desenvolver a nosa creatividade e estimular a imaxinación, nada mellor que propoñer actividades artísticas con diferentes materiais e combinacións de formas e cores.
E co Samaín como tema, na nosa clase de Plástica, decidimos facer unha momia con candea incluida, que unha vez apagada a luz, tiña un aspecto moi, moi tenebroso.
Cun bote de cristal, unhas vendas, uns ollos adhesivos e unha candea, as nosas momias xa estaban listas para a festa de medo.
 |
QUEDARON.......DE MEDO! |
 |
E PARA UN PEQUENO FRANKENSTEIN, NADA TAN FÁCIL COMO PINTAR A MAN DE COR VERDE E NEGRA.. |

 |
...E COLOCARLLE UNS OLLOS, DEBUXAR DOUS TORNILLOS E UNHA BOCA COSIDA |
.
 |
E NON PODÍA FALTAR UNHA GRAN TEA DE ARAÑA... |
 |
...COAS SÚAS TECEDOIRAS |