martes, 26 de noviembre de 2024

BLOQUES LÓXICOS

 

Cor,forma,tamaño e grosor: conceptos básicos que aprendemos cós bloques lóxicos.

Con eles agrupamos,facemos conxuntos,seriacións,semellanzas e diferenzas,concepto de número...

CAMIÑAMOS AO SON DO PANDEIRO
AGRUPAMOS POR FORMA


POR TAMAÑO

CASA DO RECTÁNGULO


25 N

 


Érase unha vez un mundo onde o respeto,a honestidade,o compromiso,a confianza,a empatía...eran valores moi importantes que todos debíamos cumprir e así o facíamos.

Era moi sinxelo e agradable vivir deste xeito e todos camiñabamos cun gran sorriso de satisfacción polas cosas ben feitas.

O desprezo,a humillación,a inxustiza,a intolerancia,a ingratitude,a deslealtade... non tiñan cabida aquí,porque era unha sociedade humana e ética,na que cada ser tiña a súa importancia na vida social.

Pero cando despertei...percateime de que aquilo só era un soño e que cada 25 de novembro celebrabase o Día da Eliminación da Violencia contra a muller para visibilizar  e erradicar este grave problema,un problema que nunca debeu existir.

O meu gran desexo sería poder despertarme unha mañá nun mundo como aquel que un día soñei,pero esta vez feito realidade.


MISIÓN CORAZÓN:
PARA QUE NUNCA DEIXE DE SORRIR




UNHA GRAN MISIÓN

DE TODO CORAZÓN

martes, 19 de noviembre de 2024

OUTONO

 

Na clase de hoxe decidimos saír en busca de elementos naturais de outono: follas,landras,piñas,paus...

Cós caldeiros nas mans,dispuxémonos a enchelos de todo aquilo que atopamos no patio.

NO AREEIRO
FOLLAS SECAS

CASI CHEO!

A BUSCAR!


CASI REMATAMOS!













CON TODO O RECOLLIDO,
COMPUXEMOS A PALABRA
OUTONO
MENTRES ESCOITABAMOS
A VIVALDI