sábado, 31 de mayo de 2025

FOODTRUCK GALICIA SABE AMAR

 

Hoxe poidemos desfrutar do mellor sabor do mar de Galicia,sen saír da aula.Foi posible grazas á campaña GALICIA SABE AMAR, xa que uns ricos petiscos de peixe e marisco chegaron sobre catro rodas,directamente a nosa mesa.

Esta campaña pretende fomentar o consumo de produtos pesqueiros na nosa dieta diaria.


FOODTRUCK


OS RICOS PETISCOS:
CROQUETAS DE QUEIXO SAN SIMÓN,
HUMUS DE FABAS DE LOURENZÁ E MEXILLÓN DE GALICIA
E ATÚN CON ALGA WAKAME 








PETISCOS NO PLATO




PROBANDO AS CROQUETAS


                                                                   BÓ PROVEITO!


COÑECEMOS O NOVO COLE

 

A piques de rematar o curso, visitamos o que será o noso novo Cole  ao iniciar a Primaria.

Trasladámonos no autobús,onde atopamos a algúns compañeiros  da Aula de Lois.

Ao chegar,dirixímonos á Biblioteca, para facer as presentacións e coñecer ás profes e aos rapaces con quen compartiremos aula no curso que iniciaremos no mes de setembro.

NA BIBLIOTECA



BUSCANDO AS NOSAS PARELLAS



PARELLA FORMADA



SEGUIMOS BUSCANDO...



DESPOIS DE PASAR POR VARIAS CLASES,
CHEGOU A HORA DA MERENDA



E DESEGUIDO, O MOMENTO FAVORITO:
O RECREO



QUE DIVERTIDO!


CHEGANDO AO FINAL DA MAÑÁ...
VÉMONOS EN PRIMEIRO!






SUPERHEROES NO EXTERIOR

 

Aproveitando as boas temperaturas destes días,trasladamos a clase ao exterior. Cos nosos traxes de Superheroes, traballamos as nocións espaciais,tan importantes para a comprensión do entorno e a resolución de problemas: Ubicación,Orientación,Distancia,Forma  e Tamaño.

EQUIPO,PREPARADOS?



DENTRO

POSICIÓN...

HORIZONTAL
BAIXANDO...


ALÁ IMOS!



DETRÁS DE...


A QUE NON ME VES?




DEBAIXO DE..


QUE RISA!

ENRIBA DE...


Xa no interior,xuntamos as diferentes partes da Superheroína para formar unha CATWOMAN articulada.





sábado, 24 de mayo de 2025

OS MAIOS

 

Aínda que cun pouquiño de retraso,celebramos a festa dos Maios,en Leiro.

Para vestir o Maio,necesitamos facer moitas cadenetas de flores; por iso,poñémonos mans á obra en canto chegamos ao Cole.


CONCENTRADOS NO TRABALLO

Deseguido,recibimos a visita de Andrea e Laura,dúas profes de pandeireta e excelentes cantareiras,que amosaron diferentes instrumentos ,que ademáis poidemos tocar.

Tamén aprendemos algunha Cantiga popular como "Ai,Mandilín!"


PRESENTACIÓN





AS CHAVES

A TIXOLA

AS CULLERES


O PANDEIRO


PREPARADOS...?


ADIANTE!


"AI,MANDILÍN,AI MANDILÓN...!


AGORA TOCA BAILAR,,,


UN PASODOBLE!


BEN AGARRADIÑAS!


HORA DA MERENDA

DECORACIÓN A CARGO DO ANPA





A ÁRBORE ANIMADA

ESCENA PRIMAVERAL


CANTAMOS E BAILAMOS ARREDOR DO MAIO

IMOS Ó TEATRO: E ENTÓN,UN XARDÍN

 

Que contentos estamos de ir ao teatro,agárdanos unha peza de monicreques con música en directo: "E entón,un xardín"

Unha comedia onde os animais son os protagonistas dunha historia estrafalaria, na que a natureza esperta e reivindica os seus dereitos.


XA CHEGAMOS A PONTEVEDRA!





O ESCENARIO





O VERME XIGANTE!


DESPOIS DA MERENDA...AO PARQUE!




QUE DIVERTIDO!

MONTADAS NUNHA ABELLA

QUE ALTOOOOO!

PODEMOS BOTAR UNHA SIESTA!

NO COLUMPIO DE FREGONAS